O IGVS adxudica a 15 familias outras novas vivendas de protección autonómica rehabilitadas polo CCVV
- O sorteo público ante notario de tres novas promocións celebrouse hoxe no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo, ao que asistiron algunhas das persoas que participaban no mesmo .
- Os adxudicatarios recibirán agora a notificación da resolución para, despois, participar no sorteo de asignación da vivenda concreta que lles tocou, tendo un prazo de 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves.
- As tres promocións sorteadas están situadas nas rúas: Abeleira Menéndez 18-20; e 24-26; e Cruz Verde, 5, sendo o prezo da vivenda máis barata adxudicada de 71.000 euros e a máis cara de 147.000 euros.
- O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) investiu máis de 3 millóns de euros na rehabilitación destes tres inmobles que hoxe se sortearon.
Vigo, 04 de agosto de 2011.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Lucía Molares, presidiu esta mañá o sorteo público ante notario de 15 novas vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo, participado nun 90% polo Goberno galego e no 10% restante polo Concello de Vigo.
Responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) iniciaron o sorteo ás 10.00 horas da mañá ante a presencia dalgunhas das persoas que participaban no mesmo e que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia. Así, foron adxudicadas outras 15 novas vivendas de protección autonómica ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios no caso de que os primeiros non formalicen en tempo as correspondentes hipotecas. En concreto, foron sorteadas as promocións de Abeleira Menéndez, 24-26; Abeleira Menéndez 18-20; e Cruz Verde, 5.
Precisamente, a partires de agora, os 15 beneficiarios recibirán -procedente do CCVV- a comunicación formal coma adxudicatarios para, posteriormente, ser citados a unha reunión e a un novo sorteo de asignación da vivenda concreta que lles tocou, que coma dixo a presidenta do organismo, será a principios do vindeiro mes de setembro. Os beneficiarios terán 45 días naturais para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves.
En declaracións aos medios, Molares sinalou que “as persoas adxudicatarias poidan entrar nas vivendas ao longo deste ano”, recordando ademais que nestes momentos 14 familias, das 19 primeiras vivendas entregadas polo CCVV xa residen nas súas novas vivendas. Asemade, no que respecta ao proceso das 12 vivendas de promoción pública (VPP) en aluguer, a delegada territorial dixo que o sorteo definitivo se celebrará tamén no mes de setembro.
Molares destacou o interese dos adxudicatarios e das persoas que participaron no proceso e que chegaron a ser preto de 200 persoas para poder acceder a elas e formar parte activa da recuperación do casco histórico. Comentou que nas tres promocións sorteadas hoxe participaban mais dun centenar de persoas en cada unha delas.
Con este segundo sorteo se fará realidade nos vindeiros meses a chegada dun total de 15 familias máis aos inmobles rehabilitados integramente polo CCVV, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% restante polo Concello de Vigo, na zona histórica da cidade. “Nestes meses incorporaranse ao redor de 50 novas familias ao casco histórico da cidade”, sinalou a presidenta do CCVV.
Características das 15 vivendas En total, hoxe adxudicáronse 15 vivendas, 9 delas de dous dormitorios e as 6 restantes dunha habitación. As superficies oscilan entre os 40,19 m2 e os 83 m2 e os prezos rondan entre os 71.285,81 euros para a vivenda máis barata aos 147.289,71 euros, da máis cara.
As vivendas adxudicadas divídense en 3 promocións, que son as seguintes:
-
Abeleira Menéndez 24-26:
1 vivenda (1ºA) de 66,62 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón- comedor-cociña+baño. Prezo: 118.165,23€
1 vivenda (1ºB) de 58,92 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 104.507,58€
1 vivenda (2ºB) de 42,61 metros cadrados cualificados cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño.Prezo: 75.578,21€
1 vivenda (2ºC) de 58,92 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 104.507,58€
1 vivenda (3ºA) de 68,80 metros cadrados calificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 122.031,94€
-
Abeleira Menéndez, 18-20:
1 vivenda (A) de 47,85 metros cadrados cualificados cun dormitorio+salón-comedor-cociña+dous baños. Prezo: 84.872,25€.
1 vivenda (B) de 81,95 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+dous baños+terrazas. Prezo: 145.356,35€.
1 vivenda (C) de 83,04 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+dous baños+terrazas. Prezo: 147.289,70€.
1 vivenda (D) de 40,19 metros cadrados cualificados cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño+terrazas. Prezo: 71.285,80€
-
Cruz Verde, 5:
1 vivenda (1ºA) de 54,78 metros cadrados cualificados cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 97.164,38€
1 vivenda (1ºB) de 63,85 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 113.252,02€
1 vivenda (2ªA) de 65,56 metros cadrados cualificados cun dormitorio+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 116.285,08€
1 vivenda (2ºB) de 64,60 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 114.582,31€
1 vivenda (3ºA) de 48,40 metros cadrados cualificados cun dormotiro+salón-comedor-cocina+baño. Prezo:85.848,05€
1 vivenda (3ºB) de 60,90 metros cadrados cualificados con dous dormitorios+salón-comedor-cociña+baño. Prezo: 108.019,55€