O CCVV rebaixa nunha media de 27.000 euros o prezo das súas vivendas para facilitar a chegada dos vigueses ao barrio histórico

 

  • A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, realizou hoxe un percorrido polos pisos rehabilitados polo organismo dispoñibles na actualidade mediante adxudicación directa, entre eles, os pertencentes ao cuarteirón Ferraría-San Sebastián que obtiveron o XV Premio COAG de Arquitectura pola súa moderna e innovadora intervención.
  • O último Consello de Administración do CCVV decidiu por unanimidade diminuír o prezo dos seus pisos, rebaixa que se aplicará tamén as 12 vivendas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sorteará nos vindeiros meses e que corresponden as promocións: Ferraría 25-27-29-31 (6 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 vivendas).
  • Bravo Bosch recordou que as persoas interesadas en adquirir unha destas vivendas deben estar inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.

Vigo, 10 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, informou hoxe que no último Consello de Administración acordouse por unanimidade rebaixar nunha media de 27.000 euros o prezo das vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo, consciente do contexto actual económico e financeiro. Deste modo, a partires de agora o prezo fixado do metro cadrado útil dos seus pisos será de 1.394,72 euros/m2, e non os 1.773,72 euros/m2 de antes.

Tras unha visita aos pisos rehabilitados no cuarteirón Ferraría-San Sebastián, Bravo Bosch explicou que actualmente son 10 as vivendas dispoñibles a través de adxudicación directa e cuxos futuros propietarios poderán beneficiarse dun aforro que vai desde os 39.700 euros nun dos inmobles percorridos da mazá ata os 17.100 euros doutro emprazado na promoción de San Sebastián 8-12-14. As persoas interesadas nestas vivendas teñen que estar inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia.

Entre as vivendas visitadas este luns pola presidenta do organismo –participado nun 90% pola Xunta e nun 10% polo Concello- destacan as 6 pertencentes ao cuarteirón Ferraría-San Sebastián e que obtiveron o XV Premio COAG de Arquitectura pola súa moderna e innovadora rehabilitación. Na devandita promoción os novos prezos van desde os 21.400 euros de aforro nunha vivenda dun dormitorio ata os 39.700 euros dun de tres dormitorios. Xunto ás VPA do cuarteirón tamén se adxudicarán de maneira directa outras catro vivendas, as ubicadas nas promocións de San Sebastián 8-12-14 (2 pisos), Hortas 10-12 (1) e Santiago, 19 (1), con rebaixas que van desde os 38.900 euros aos 17.100 euros de aforro do prezo anterior. Destas últimas, están dispoñibles unha en San Sebastián 8-12-14 e a relativa a Santiago, 19. As outras dúas xa contan con reserva restando soamente a firma do contrato co adxudicatario.

Con todo, o acordo adoptado no último Consello de Administración do CCVV sobre a rebaixa dos prezos dos inmobles inclúe tamén as 12 vivendas que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sorteará nosa vindeiros meses e que corresponden as promocións Ferraría 25-27-29-31 (6 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 vivendas). Neste caso o aforro máis importante será superior aos 44.000 euros nunha vivenda emprazada na promoción Ferraría 25-27-29-31 que antes custaba preto de 207.000 euros e agora arredor de 162.500 euros.

Novos prezos das vivendas dispoñibles:

– Santiago 19 (1 vivenda):

1º: 1 dormitorio, 66,1 m2. Prezo: pasa dos 117.242,89 euros aos 92.190,99 euros de agora. Aforro: máis de 25.000 euros.

– San Sebastián 8-12-14 (2 vivendas):

1ºA: 1 dormitorio, 45,3 m2. Prezo: pasa dos 80.349,52 euros aos 63.180.82 euros de agora. Aforro: máis de 17.100 euros.

2ºA: 1 dormitorio, 47,13 m2. Prezo: pasa dos 83.595,42 euros aos 65.733,15 euros de agora. Aforro: máis de 17.800 euros.

– Hortas, 10-12 (1 vivenda):

A: 2 dormitorios, 102,65 m2. Prezo: pasa dos 182.072,76 euros aos 143.168,01 euros de agora. Aforro: máis de 38.900 euros.

– Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (6 vivendas):

Semisotáno A: 2 dormitorios, 81,55 m2. Prezo: pasa dos 144. 466,87 euros aos 113.739,42 euros de agora. Aforro: máis de 30.700 euros.

Baixo A: 2 dormitorios, 81,95 m2. Prezo: pasa dos 145.356,35 euros aos 114.297,30 euros de agora. Aforro: máis de 31.000 euros.

Semisótano B: 1 dormitorio, 56,5 m2. Prezo: pasa dos 100.392,55 euros aos 78.941,15 euros de agora. Aforro: máis de 21.400 euros.

Baixo B: 1 dormitorio, 59,5 m2. Prezo: pasa dos 105.536,34 euros aos 82.985,84 euros de agora. Aforro: máis de 22.500 euros.

1ºB: 1 dormitorio, 61,4 m2. Prezo: pasa dos 108.906,41 euros aos 85.635,81 euros de agora. Aforro: más de 23.200euros.

Baixo C: 3 dormitorios, 104,75 m2.Prezo: pasa dos 185.797,17 euros aos 146.096,92 euros de agora. Aforro: máis de 39.700 euros.

Ferrería 25, 27, 29 e 31 (6 viviendas):

1ºA: 2 dormitorios, 56,81 m2: Prezo: pasa dos 100.765,03 euros de antes aos 79.234,04 euros de agora. Aforro: máis de 21.500 euros.

2ºD: 2 dormitorios, 60,71 m2. Prezo: pasa dos 107.682,54 euros de antes aos 84.673,45 euros de agora.Aforro: máis de 23.000 euros.

1ºB: 3 dormitorios, 116,55 m2. Prezo: pasa dos 206.727,07 euros de antes aos 162.554,62 euros de agora. Aforro: máis de 44.000 euros.

1ºC: 2 dormitorios, 65,68 m2. Prezo: pasa dos 116.497,93 euros aos 91.605,21 euros de agora. Aforro: máis de 24.600 euros.

2ºE: 2 dormitorios, 73,14 m2. Prezo: pasa dos 129.729,88 euros aos 102.009,82 euros de agora. Aforro: máis de 27.700 euros.

Bajo E, 1º: 2 dormitorios, 65,56 m2. Prezo: pasa dos 116.285,08 euros aos 91.437,84 euros de agora. Aforro: máis de 24.800 euros.

– Canellón do Estreito, 12 (2 viviendas):

 1ºA: 1 dormitorio, 62,75 m2. Prezo: pasa dos 111.300,93 euros aos 87.518,68 euros de agora. Aforro: máis de 23.700 euros.

1ºB: 2 dormitorios, 92,57 m2. Prezo: pasa dos 164.193,26 euros aos 129.109,23 euros de agora. Aforro: máis de 35.000 euros.

– Ferrería 33-35 (4 viviendas):

1ºA: 1 dormitorio, 47,25 m2. Prezo: pasa dos 88.808,27euros aos 65.900,52 euros de agora. Aforro: más de 22.900 euros.

1ºB: 1 dormitorio, 46,85 m2. Prezo: pasa dos 83.098,78 euros aos 65.342,63 euros de agora. Aforro: máis de 17.700 euros.

2ºA: 2 dormitorios, 88,35 m2. Prezo: pasa dos 156.708,16 euros aos 123.223,51 euros de agora. Aforro: máis de 33.400 euros.

2ªB: 2 dormitorios, 84,28 m2. Prezo: pasa dos 149.489,12 euros aos 117.547,00 euros de agora. Aforro: máis de 31.900 euros.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.