O Casco Vello acolle os actos do día de Portugal 2016

As rúas do Casco Vello de Vigo encheranse de actividade cultural durante os próximos días 10 e 11 de xuño con motivo da celebración do Día de Portugal 2016. Para isoCasa Arines, sede Instituto Camoès. o Instituto Camòes, cuxa sede viguesa atópase nun dos edificios máis representativos do centro histórico, a casa Arines,  na praza Tenente Almeida,  deseñou un importante programa de difusión da cultura portuguesa que inclúe actuacións musicais, teatrais e cinematográficas, así como mostras de artesanía e danzas tradicionais.

As actividades comezarán o venres, día 10 de xuño, ás 21.30 coa actuación da fadista lisboeta Ana Laíns. O sábado 11 será a xornada máis intensa xa que durante a mesma terá lugar a representación – nas mesmas rúas do Casco Vello- da obra  “Conto dás Três Nozes que eram romãs”,  así como unha homenaxe ao  cineasta Manoel de Oliveira, do que se proxectará  o seu primeiro filme de carácter documental, realizado en 1931, “Douro, Faina Fluvial”. A proxección, que se realizará na Igrexa de Santa María-Concatedral de Vigo ás 21.30 horas, con asistencia libre, contará co apoio musical de Bruno Belthoise, que ofrecerá un recital de piano.

A programación complementarase durante estes dous días con diversas actuacións folclóricas e a presenza de postos de artesanía e gastronomía de quince municipios lusos nas rúas do Casco Vello.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter