O Camiño de Santiago en Vigo

Vigo tamén forma parte das múltiples cidades polas que pasa o Camiño de Santiago. Sen embargo, é un camino pouco coñecido e que recibiu fai pouco o recoñecemento oficial. Por iso, son moitos os que aínda descoñecen que a nosa cidade tamén ten cabida no Camiño de Santiago, tan importante para a nosa comunidade.

camino santiago Vigo

E é que Vigo forma parte do Camiño Portugués pola Costa, non polo portugués que se coñece e que vai de Tui a Santiago sen pasar pola cidade olívica. Pódese dicir que é unha variante.

Esta variante era elixida polos peregrinos que, por diversas razóns, non querían cruzar o río Miño á altura de Tui, como era o máis habitual e preferían facelo por outros puntos. Eran moitos os camiñantes que salvaban a corrente por Goián ou por A Guarda, algo máis ao sur. E de aí podían continuar o seu camiño pasando por Vigo e empalmando, despois, en Redondela para continuar o Camiño Portugués que saía desde Tui.

Pero antes de chegar a Vigo pódese desfrutar tamén da beleza dos paisaxes galegos, xa que o peregrino camiña en paralelo ao río Miño e pode contemplar o seu estuario. Percorrendo a costa chega a Oia e a cabo Silleiro; Vigo xa está preto.

Como curiosidade, contámosvos que o tramo que transcorre en paralelo ao río Miño está considerado Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e Zona Especial de Protección de Aves.

Esta pode ser unha boa variante ao Camiño Portugués, non credes?

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter