O 7 de xuño ábrese o prazo de presentación de solicitudes para as promocións San Francisco, 15 e Berbés, 29

Alzados da promoción San Francisco, 15.

Vigo, 3 de xuño de 2017.-  O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publicou na súa páxina web senllas resolucións nas que anuncia o inicio do proceso de selección de candidatos para optar ás seis vivendas rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello nas súas promocións San Francisco, 15 ( P09- VC-0003/20) e Berbés, 29 ( P09- VC-0004/20).  Estes dous procedementos estarán abertos a todas aqueles interesados que estean neste momento rexistrados no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia, segundo a a normativa que regula a adxudicación de Vivendas Protexidas de Promoción Privada Autonómica de réxime concertado, categoría na que se engloban as promocións do CCVV.

A promoción San Francisco, 15 está integrada por dúas vivendas tipo dúplex, en tanto que Berbés, 29 inclúe 4 vivendas de diferente tipoloxía. Pulsando nas ligazóns de cada unha das promocións pódese acceder ás principais características e prezos das mesmas. Ambas as promocións atópanse nestes momentos en execución, estando prevista a conclusión das súas obras para mediados do próximo mes de setembro.

O prazo de presentación das candidaturas -en modelo formalizado que se pode consultar na ligazón “documento anexo” – para todas aquelas persoas interesadas abrirase o vindeiro luns, día 7, unha vez cumpridos os preceptivos prazos de información pública.

 

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.