Nova edición do “Vermutazo” organizado pola Asociación Casco Vello Alto

A Asociación  Casco Vello Alto de Vigo pondrá termo este próximo sábado 9 aos actos de celebración dos seus dez anos de actividade coa celebración dunha nova edición da súa xa popular “vermutazo e merendola” .

Cunha programación centrada unha vez máis na contorna da praza do Abánico (oficialmente Subida á Costa), os veciños desta zona da cidade e todos aquelas outras persoas que o desexen poderán gozar dun amplo programa de de actividades que se iniciará á unha e media da tarde co reclamado Vermutazo. Durante o mesmo haberá música en directo a cargo de Paul Clarke e unha barra de comida e bebida para gozar nestas horas centrais do día. As actividades retomaranse a partir das cinco cun show a cargo do mago Óscar Fernández, de Maxia na Manga. Ás seis da tarde os máis pequenos poderán gozar da contacontos Marta Ortiz e o seu programa de “Contos, Castañas e Telerañas”. Ao acabar esta actividade, ao redor das 19:00 horas comezará a denominada festa popular de Outono, con música e baile e que incluirá o sorteo da Cesta de Nadal Casco Vello.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.