Ferrería 45-47 obtén unha das mencións dos Premios Galegos de Arquitectura
Vigo, 23 de setembro do 2018. A promoción do Consorcio Casco Vello de Vigo “Ferrería 45 – 47” obtivo unha das mencións da segunda edición dos premios Galegos de Arquitectura. O proxecto da arquitecta Eva María Castro obtivo este galardón na categoría de rehabilitación, grazas á calidade da recuperación destes dous edificios que permitiu a creación de catro novas vivendas de distintas superficies e un local comercial nunha das rúas onde a intervención do CCVV foi máis intensa. Este proxecto foi tan só superado pola rehabilitación da fábrica de Curtidos de Pontepedriña, en Santiago de Compostela.
A promoción Ferrería 45-47 do CCVV –organismo intergrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun 10 por cento polo Concello de Vigo– supuxo un investimento de 670.000 euros e facilitou a incorporación de catro novas familias ao Casco Vello de Vigo, xa que todas as vivendas que a integran foros adquiridas na fase de adxudicación da mesma.
O resultado desta intervención caracterízase pola harmoniosa integración dos elementos recuperables dos edificios preexistentes con elementos de deseño e construción contemporáneos. Como aspectos singulares do proxecto destacan a conservación de elementos senlleiros como as lareiras orixinais e a integración das antigas canles de evacuación de augas pluviais na estrutura dalgunha das vivendas. As vivendas contan tamén cun xardín posterior que as dota de luminosidade.
A rúa Ferrería, na zona alta do Casco Vello de Vigo, foi unha dás que experimentou unha maior intervención por parte do Consorcion Casco Vello ,e de feito ás 17 actuacións en edificios xa acometidas sumarase pronto a entrega dá rehabilitación do inmoble situado en Ferrería 8, cuxas obra está previsto concluír ao redor do nadal. O mesmo proxecto recibira tamén en outubro do ano pasado un dos galadornes “Gran de area” que outorga anualmente as delegacións dos Colexios de Arquitectos de Vigo, Pontevedra e Ourense.