El presidente del CCVV visita las obras de Subida ao Castelo 12 y Subida á Costa 5

 

Supoñerán un investimento próximo aos 600.000 euros e permitirá a incorporación á zona alta do Casco Vello de cinco familias

11-05-2017. O delegado da Xunta de Galicia en Vigo e presidente do  Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Ignacio López-Chaves, realizou esta mañá unha visita ás obras que este organismo, integrado nun noventa por cento pola Xunta de Galicia e en dez por cento polo Concello de Vigo, está a efectuar nas súas promocións Subida ao Castelo 12 e Subida a Costa 5, na zona alta do Casco Vello.
López-Chaves tivo ocasión de coñecer de man dos responsables de ambas as construcións, recentemente iniciadas, o estado das mesmas  e os seus principais características, que cun investimento próximo aos 600.000 euros permitirán a creación de cinco novas vivendas e un local comercial. O presidente do Consorcio destacou no transcurso desta visita a importacia que está a ter para a revitalización desta zona da cidade o labor continuado do CCVV, que permitiu o asentamento na mesma dun centenar de familias desde a súa constitución en 2005. Neste sentido lembrou que nestes momentos atópanse en plena fase de adxudicación o últimas seis vivendas promovidas polo Consorcio na próxima rúa Ferrería.
En Subida ao Castelo 12 a UTE formada por Xestión Ambiental de Contratas e Construcións Orega recuperará un antigo edificio para crear catro vivendas con superficies comprendidas entre os 52 e os 77 metros cadrados;  todas contarán con acceso independente desde a rúa, dous dormitorios, salón-comedor, baño e zona de lavadoiro e tendal;  dous delas serán tipo dúplex e dous terán unha zona axardinada. O proxecto ten un orzamento de 355.000 € e prevese que estea finalizada no primeiro trimestre de 2018. O edificio tivo que ser demolido tras a súa adquisición polo CCVV dado o seu estado de abandono, pero está prevista a recuperación da súa fachada orixinal.
A empresa Prace, Obras e Servizos, resultou adxudicataria do proxecto de Subida á Costa 5, onde se creará unha nova vivenda e un local comercial. A vivenda, situada na primeira planta,  terá unha superficie útil de 70 metros cadrados e dispoñerá de 2 dormitorios, salón-comedor-cociña, baño e lavadoiro-tendal. Pola súa banda o local comercial ten prevista unha superficie lixeiramente superior aos 95 metros cadrados, divididos en planta baixa e soto. O proxecto ten un orzamento de 201.000 € e tamén está prevista a súa conclusión  para que poida realizarse o concurso de adxudicación no primeiro trimestre de 2018.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.