Cruz Verde 8 xa ten a súa licenza de edificación

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) acaba de obter licenza de edificación para a posta en marcha da rehabilitación do edificio situado na rúa  Cruz Verde 8, no barrio histórico vigués.  Esta promoción supoñerá a creación dunha vivenda de tres dormitorios , con oficina  anexa , e unha superficie total a construír de 151,65 metros cadrado. O orzamento de execución  recollido no proxecto básico de edificación, realizado polo arquitecto Emilio Estévez Fernández, é de 142.905 euros.

screenshot-27
Localización do novo proxecto.

Segundo sinálase no citado proxecto a nova intervención do CCVV  realizarase sobre un edificio que ocupa unha parcela de 43,25 metros cadrados dos que 38,95 corresponden á edificación e o resto a un patio interior. Debido ao seu mal estado de conservación procedeuse no ano 2015 ao seu baleirado interior polo que da construción previa tan só mantense en pé as fachadas de pedra que, de acordo co Plan Especial de Proteccion e Reforma Interior  (PEPRI) do Casco Vello de Vigo, son elementos a conservar.

A nova edificación distribuirase en planta baixa e tres altas coas escaleiras de comunicación das plantas no interior, iluminadas cun lucernario cenital, e sitúanse as  estancias destinadas á actividade  dos ocupantes da vivenda  orientadas ao sur- cara a rúa Cruz Verde- en tanto que as zonas de servizos fano cara ao patio interior. En base a estes criterios  a planta baixa aloxará a oficina anexa e o acceso independente á vivenda;  a primeira planta concíbese como un espazo único que agrupa un salón comedor e a cociña, en tanto que na segunda e terceira sitúanse os dormitiorios, distribuidores, baños e  un tendal.screenshot-29

Segundo a ficha do PEPRI a construción orixinal tratábase dun edificio entre medianeiras realizado no século XIX, aínda que posteriormente sufrira varias reformas incluíndo o engadido dunha planta superior. O PEPRI inclúeo no seu catálogo con nivel de protección ambiental e sinala como elementos a protexer as fachadas, as varandas, as carpinterías de madeira e a porta do portal.

Esta intervención do Consorcio Casco Vello de Vigo, organismo constituído pola Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, cunha participación do 90 por cento, e o Concello de Vigo, cun 10 por cento, súmase ás xa realizadas ao longo dos once anos de

cruz-verde-8-antes-vaciado-en-2015
Aspecto do interior do edificio antes do seu baleirado no ano 2015.

existencia deste organismo, que realizou ata agora unha invesión superior aos 30 millóns de euros para alcanzar o seu obxectivo de rehabilitación e recuperación desta zona da cidade Olívica. En concreto, na mesma cale Cruz Verde o CCVV xa rehabilitou o edificio situado no número 5, onde se construíron seis vivendas e un local comercial,  e o pasado mes de xullo anunciouse a adquisición do edificio número 12, cuxa rehabilitación se acometerá en 2017.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.