Confirmar o teu interese no sorteo: segundo paso para optar a unha vivenda do CCVV
Como vimos informando desde hai unhas semanas o proceso de adxudicación das seis novas vivendas que o Consorcio Casco Vello de Vigo promove na rúa Ferrería está a piques de iniciarse. Se estás interesado nalgunha delas e xa che inscribiches no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia (o prazo aínda está aberto aínda que prevemos que se peche nos próximos días) recomendámosche que esteas moi atento á seguinte ligazón: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/600.
No mesmo, o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publicará a convocatoria oficial do inicio do procedemento de adxudicación – nós informaremos desde esta mesma páxina e en redes sociais-, mediante unha resolución do Xefe Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. A partir da data desa publicación ábrese un prazo de QUINCE DIAS días para presentar a confirmación do teu interese en participar no sorteo das vivendas á que desexes optar. Para calquera aclaración ou dúbida podes dirixirche ás oficinas do IGVS (tes a súa dirección e contacto ao final ) onde che informarán sobre calquera extremo que queiras aclarar ou sobre onde presentar a documentación requirida.