Comezan dúas novas actuacións do CCVV

1/12/16   Coas firmas, realizadas onte , entre o Consorcio Casco Vello e as empresas responsables das obras do correspondiente acta de replantamiento e do contrato de demolición póñense en marcha de forma efectiva dúas novas actuacións rehabilitadoras deste organismo: Subida ó Castelo 12 e Cruz Verde 12.

situacion-subida-o-castelo-12
Ubicación do solar onde se construirá o novo edificio.

 Subida a Castelo 12 permitirá crear catro novas vivendas, dúas delas dúplex, con acceso directo desde a rúa, cunha superficie total computable de 285,50 m2. A actuación sitúase nunha parcela clasificada como chan urbano consolidado na vixente PXOM e   supoñerá a recuperación dun edificio que se atopaba practicamente en ruinas na zona alta do casco vello, no entorno do Castelo de San Sebastián. A Unión Temporal de Empresas (UTE) formada por Xestión Ambiental de Contratas e Construcións Orega resultou  adxudicataria desta obra, que conta cun prazo de execución de 12 meses.  As superficies dos apartamentos variarán entre os 52,25 m2 do máis pequeno e os 76,85 do maior.

screenshot-33
Cruz Verde 12 suporá a terceira intervención do CCVV nesta rúa.

 Pola súa banda, a derriba e baleirado da edificación situado en Cruz Verde 12, supón o primeiro paso para a rexeneración deste edificio, situado tamén na zona alta do Casco Vello vigués. Dada a configuración urbanística desta zona e a súa complicada orografía a derriba terá unha importante complexidade técnica. A licenza desta actuación recolle a necesidade, dada a cualificación do inmoble, de conservar as fachadas de pedra  -debidamente apontoadas- e manter os elementos protexidos como balcóns e carpinterías de madeira.  A edificación conta cuns niveis de interese histórico e arquitectónico Medio, segundo o Plan Especial de Protección e Reforma (PEPRI) do Casco Vello, que o sitúa como Baixo no caso do seu interese urbanístico.

As obras, que deberán incluír medidas de illamento e impermeabilización das medianeiras existentes, afectarán as tres plantas en altura e á planta baixa do edificio e supoñerá actuar sobre  unha superficie total a derrubar de 307 metros cadrados.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.