Cinco establecimentos impulsan o primeiro “Roteiro de Artesanía no Casco Vello Alto”
Vigo, 27 de marzo do 2024.- Cinco establecementos do Casco Vello Alto de Vigo e as súas inmediacións organizan o próximo día 5 de abril o primeiro “Roteiro de Artesanía do Casco Vello”, con motivo da iniciativa “Días Europeos da Artesanía”. Nesa data, entre as cinco e as sete da tarde, os responsables destes locais realizarán unha xornada de portas abertas na que todos aqueles interesados poderán coñecer en directo os distintos procesos artesanais que levan a cabo nos mesmos.
Os cinco establecementos que colaboran con esta nova actividade de dinamización da zona do Casco Vello dedícanse a distintos campos da artesanía con diferentes materiais e procedementos. En concreto, este primeiro roteiro participarán:
“NAI DESEÑOS” (Avda. Camelias ,15) especialiazado en Macramé contemporáneo;
“MARIO LÓPEZ” (Rúa Pracer, 13), dedicado á xoiería e a cerámica artística;
“LAS FLORES DE GRETA” (Rúa Abeleira Menéndez, 11) , pioneiro na zona na técnica do Ecoprint;
“BLAURTOPIAS” (Rúa Cruz Verde, 12), centrado na serigrafía, ilustración e cerámica e
“RABUDA” (Rúa Cruz Verde, 5), dedicado á cerámica artística.
Todos eles crearon mesmo un mapa que sirva como guía desta actividade que pode ser consultado nesta ligazón: mapa
Cabe sinalar que os tres últimos establecementos ocupan locais ofertados polo Consorcio Casco Vello de Vigo no seu último concurso de alugueiros de establecementos comerciais; estes locais foron creados en rehabilitacións de edificios levadas a cabo por este organismo.