O Sireno, símbolo de Vigo

Realizado polo escultor Francisco Leiro, o Sireno é un dos símbolos modernos máis importantes de Vigo.

A escultura, instalada en 1991, representa a unión dos vigueses co mar a través dun híbrido de home e peixe. A súa ubicación na Porta do Sol fai que sexa, tamén, tremendamente significativa para o Casco Vello.

Está realizada en aluminio sobre columnas de granito negro pulido. Sobre elas eríxese ese híbrido, ese ser que observa o mar desde o corazón da cidade. Un ser imaxinario que ten parte de peixe, as escamas, e home, as pernas e a cabeza.

Foi precisamente a súa forma o que fixo que fose, e sexa, criticada por moitos, chegando incluso a tratalo de “enxendro moderno”. O certo é que é unha escultura que da moito que falar e sobre a que non existe un termo medio en canto a gustos se refiere. Amor ou odio son os sentimentos que produce tanto nos vigueses como na xente de fóra.

Sexa como fora, ninguén pode negar todo o que o Sireno representa para Vigo e para o seu Casco Vello. Unha escultura, un símbolo que xa forma parte da historia moderna da cidade.

 

 

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter