Ecoloxía e gastronomía nos locais rehabilitados polo Consorcio

Como ben saberedes xa, ademais de vivendas, o labor rehabilitador do Consorcio Casco Vello de Vigo tamén contempla a rehabilitación de locais comerciais para que poidan abrir no barrio negocios de diversa índole que axuden á súa dinamización.

A través de diferentes artigos publicados neste blog, falámosvos dos servizos e creatividade que podedes atopar neses baixos comerciais. Tócalle a quenda agora á ecoloxía e á gastronomía, a través de A Tenda do Avó, A Horta de Abeleira, Matina e Trastrigo.

A Tenda do Avó

O número 11 da rúa Abeleira Menéndez está cheo de produtos galegos coma marmeladas de mel, algas, conservas do mar e da horta, pero tamén froitas e verduras de temporada, pan, viño, licores, cervexas, aceite e cosmética.

Montserrat Freire é a artífice desta iniciativa onde os produtos galegos, ecolóxicos e artesáns son os protagonistas. Para probalos, podedes ir á tenda ou tamén encargalos por teléfono. Ademais, tamén ofrecen cestas para agasallos.Casco Vello Vigo

A Horta de Abeleira

Ao carón da Tenda do avó sitúase A Horta de Abeleira, no 15 de Abeleira Menéndez. A Horta de Abeleira ofrécenos todo tipo de produtos ecolóxicos e frescos coma froitas e verduras pero tamén viños, queixos, embutidos e conservas. Todos e cada un dos alimentos de primeira calidade están cheos de sabor e non teñen aditivos nin tampouco conservantes nin moito menos pesticidas. Son produtos naturais cen por cen.Casco Vello Vigo

Matina

Matina sitúase tamén na renovada Abeleira Menéndez, concretamente no número 26. Levan por bandeira os seus produtos ecolóxicos e naturais, que xa contan con clientela habitual e fiel. Ademais, realizan habitualmente brunchs e diferentes obradoiros para o público en xeral.

Quizáis a súa característica máis notable é que practicamente todo o mobiliario de local se pode mercar. Así que xa sabedes, non dubidedes en achegarvos a matina para deleitarvos cun zume eco e despois mercar a cadeira onde vos sentastes.Casco Vello Vigo

Trastrigo

Fai tan só un ano, abría no número 17 da rúa Ferrería o obrador de pan Trastrigo co obxectivo de suplir unha carencia no Casco Vello: ofrecer pan diario e de calidade ao seus veciños. A súa acollida non puido ser mellor.

Pero a historia non acabou aquí, xa que meses despois abriron no número 25 da rúa Real o seu propio despacho de pan. Nel ofrecen pans feitos con masa nai de fermentación lenta sen mellorantes químicos, ou o que é o mesmo: pans naturais, artesanais, e con moito máis sabor e máis duradeiros no tempo.

Casco Vello Vigo

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter