A Editorial Elvira estrea sede noutro dos locais comerciais rehabilitados polo CCVV
- A presidenta e xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo asisteron hoxe áo acto de inauguración da nova editorial no baixo sito na rúa Santiago, número 11
Vigo, 11 de abril de 2013.- A presidenta e o xerente do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch e Alfonso Ramos, estiveron presentes este xoves no acto de inauguración da Editorial Elvira que abreu as súas portas no local comercial rehabilitado polo organismo, sito na rúa Santiago, número 11.
A editorial pensou que non habería un mellor momento para inaugurar o seu local emprazado no barrio histórico da nosa cidade que coa presentación de Barcos, unha xoia bibliográfica, reproducida na súa totalidade en serigrafía artística da man de Nelson Villalobos, afincado en Vigo, e o poeta Caballero Bonald.
Ao acto de inauguración asistiu nun nutrido grupo de persoas do mundo da cultura viguesa.
Bravo Bosch congratúlase que a editorial elixera o Casco Vello para comezar su andanza cultural.
Coa instalación da Editorial Elvira, xa son seis os locais comerciais rehabilitados polo CCVV e ocupados por novos emprendedores.