A actividade cultural no Casco Vello continúa coa presentación dun libro e un Mercado Pop en Évame Oroza

“Relatos de la vida” recolle as reflexións da escritora Adela Martínez Martí.

A colección de relatos breves “Retazos de la vida”, da escritora Adela Martínez Martí, será presentada o vindeiro xoves, 19 de decembro, no local que a Asociación Cultural Évame Oroza ten no Casco Vello de Vigo, en concreto na rúa Subida a Costa, 5 (popularmente coñecida como Praza do Abanico). A presentación, que comezará ás 20,00 horas, contará coa presenza da autora que ao longo da súa carreira ha tocados distintos xéneros -artigo, recensións, narrativa- aínda que talvez a súa faceta máis difundida haxa sido a poesía. “Retazos de la vida” está conformada por unha serie de relatos breves nos que se mestura o ficticio co autobiográfico. Durante a presentación estará acompañada por Eva Rodríguez Anes.

Mercado Pop

Por outra banda, Évame Oroza levará a cabo, no mesmo lugar e a partir das doce da mañá do sábado 21, un Mercado Pop que se prolongará ata as nove da noite. Como complemento a esta actividade ao longo da tarde iranse desenvolvendo unha serie de actividades musicáis e literarias, entre as que destaca a celebración do Micro Aberto de Poesía Cerimonia de Gaivotas, que terá lugar ás 19:00 horas na que participarán Leite Edocións, Editorial Elvira, Elvira Jardón (fotografía), Luis Boullosa (colaxe), Banana Nailz (artesanía) Edicións Malafera e Fosfatina Edicións

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.