Aberto o prazo de solicitudes para as promocións Abeleira Menéndez, 16 e Berbés, 41

 

Vigo, 8 de febreiro de 2021.- O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) publicou hoxe senllas resolucións pola que se abren os procesos de selección de adxudicatarios para as promocións do Consorcio Casco Vello de Vigo Abeleira Menéndez, 16 e Berbés, 41 (expediente P09-VC-0004/18) y Berbés, 41 (expediente P09-VC-0001/19).

Vista cenital do patio exterior da promocion do CCVV Berbés, 41. Alex Fernández Photography.

Nas mesmas sinálase a categoría das tres vivendas incluídas nestas promocións como “vivendas protexida de promoción privada autonómica de REXIME CONCERTADO”, e achégase o modelo de solicitude a presentar ante a administración autonómica para todos aqueles interesados – que cumpran os requisitos establecidos para poder acceder a este tipo de vivendas- en optar á compra das mesmas. Este modelo debe ser presentado no prazo establecido de quince días hábiles a contar desde a última publicación das citadas resolucións.

Unha vez finalizado o proceso de selección, e en data a fixar polo IGVS, procederase a efectuar o sorteo entre todos os candidatos admitidos para establecer a orde de acceso á compra das tres vivendas, dúas situadas en Berbés, 41 e outra en Abeleira Menéndez, 16 cuxas características poden verse nas  seguintes ligazóns á páxina web do Consorci  Berbés, 41     Abeleira Menéndez, 16.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.