Matina, un espazo aberto ás artes en pleno Casco Vello

Son os últimos en aterrar na máis que renovada rúa Abeleira Menéndez da nosa cidade e chegaron para quedar. Falamos de Alicia e Tomás Carrera (irmáns) e de Manuel Estévez, os tres socios e responsables de que Matina, unha especie de bazar de alimentos naturais, panadaría e galería de arte, brille con luz propia no número 26.Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Trátase de “un espazo aberto as artes, un lugar de bo gusto e apetecible”, describe Alicia, quen asegura que a tranquilidade se apodera da persoa que descubre Matina por primeira vez e segue a acompañar a súa recente, pero fiel clientela.Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Matina é moito máis ca un lugar onde almorzar con produtos ecolóxicos de primeira, tamén é un sitio onde charlar, participar nos seus obradoiros, asistir a conferencias, ver unha exposición ou levarnos a nosa casa unhas flores frescas ou a cadeira onde estamos sentados porque, practicamente todo o mobiliario do local se pode mercar.Casco Vello Vigo

Alicia, Tomás e Manuel levaban tempo querendo formar parte do cambio que está a vivir o barrio histórico e no que, sen dúbida, o Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) ten moito que dicir. De feito, Matina atópase nun dos  locais  rehabilitados polo organismo e que puxo no mercado a través de contratos de aluguer coa intención de dinamizar tamén de feito comercial unha zona demasiado tempo esquecida.

“O CCVV está a desempeñar unha gran labor”, afirma Manuel, ao tempo que lembra que este barrio estivo moitas décadas abandonado. Recoñece que a rehabilitación que lidera o organismo era “máis que esperada”, aínda que fai fincapé en que aínda existen puntos conflitivos –en alusión aos clubes de alterne que a día de hoxe operan na propia Abeleira Menéndez, na parte baixa-.

“Non se pode negar que existe aínda un problema de prostitución, pero será a presión do día a día da vida dos veciños e comerciantes a que logrará que este problema desapareza”, argumenta Manuel, unha idea compartida por Tomás que, ademais, agradece a “boa acollida” do público mozo “con inquietudes culturais” que están a axudar tamén a acabar con aquela imaxe de marxinalidade que acompañou excesivos anos ao barrio.

Por certo, e antes de convidarvos a Matina. Se Alicia, Tomás e Manuel son os artífices de Matina, non podemos esquecer tampouco a Pepi, Patricia e Belén, a súas tres empregadas que creen neste proxecto tanto coma eles.

O novo Casco Vello de Vigo

Facebook

Twitter