O cambio, rúa a rúa

O Consorcio Casco Vello de Vigo vía a luz no ano 2005 para atender ás demandas dos veciños do barrio histórico, quenes clamaban por un ambicioso programa de rehabilitación e recuperación da zona.

Tras a súa constitución, comezou un cambio máis que merecido no Casco Vello de Vigo. Pouco a pouco, as rúas foron transformándose e novos habitantes e establecementos trasladáronse ao barrio, enchéndoo novamente de vida.

Cada rúa foi e segue sendo esencial neste proceso de rehabilitación. Por iso, queremos mostrarvos ese cambio a pequena escala, rúa por rúa e número por número.

Empezaremos por Abeleira Menéndez, o cambio na rúa e os novos establecementos que decidiron apostar polo barrio. E seguiremos por Santiago, Cruz Verde, Cuarteirón Castelo San Sebastián, Cuarteirón Ferrería San Sebastián, Canellón do Estreito e Ferrería.

Benvidos á recreación da rehabilitación do noso barrio histórico :)

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter