VAIA CAMBIO EN ABELEIRA MENÉNDEZ!

Hoxe gustaríanos escribir sobre os cambios que se están a conseguir no Casco Vello, para agradecer desde aquí a todos aqueles que o fan posible. Son cambios que todos nós podemos ver e, sobre todo e máis importante, gozar. Por iso, este vai ser un post gráfico, no que vos ensinaremos con imaxes os cambios acometidos en tres edificios na rúa Abeleira Menéndez.

En primeiro lugar, centrarémonos no número 11 desta rúa. Na imaxe que vos ensinamos a continuación, poderedes ver o seu estado antes de ser recuperado polo Consorcio Casco Vello de Vigo, completamente en ruínas:

Casco Vello Vigo

Agora o seu estado é totalmente diferente, tanto no exterior coma no interior. Case parece un edificio novo:

Casco Vello Vigo

O mesmo pasou nos números 13-15. O cambio entre o antes e o despois é moi impactante.

Casco Vello Vigo

Nesta ocasión mostrámosvos tamén unha fotografía dalgúns dos protagonistas da rehabilitación, para que teñades tamén información sobre este proceso:

Casco Vello Vigo

E este é o marabilloso aspecto que ten agora:

AM_13_15_cCasco Vello Vigo

Xa por último, mostrámosvos o mesmo proceso nos números 18 -20:

Casco Vello VigoAM_18_20_bAM_18_20_c

Que vos parecen todos estes cambios realizados nesta rúa? Nós estamos moi contentos de poder ensinarvos este traballo do que nos sentimos tan orgullosos. E o mellor de todo é que aínda nos quedan moitas máis rúas e cambios que ensinarvos 🙂

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.