Un sorteo público establece a orde de adxudicación de Berbés, 41 e Abeleira Menéndez, 16

Vigo, 5 de maio do 2021.- A orde das candidaturas para a adquisición das tres vivendas incluídas nas promocións do Consorcio Casco Vello de Vigo en Abeleira Menéndez, 16 e Berbés, 41 quedou establecido esta mañá, nun sorteo público –retransmitido en directo a través da páxina web do CCVV ante a imposibilidade de asistencia ao acto debido á pandemia- realizado ante notario e que se celebrou no salón de actos da Delegación da Xunta de Galicia en Vigo

Os candidatos admitidos a participar nestes sorteos foron 69 no caso de Abeleira Menéndez, 16 e  63 no caso de Berbés, 41.

A partir de agora ábrese un prazo para que aquelas persoas interesadas na adquisición destas vivendas poidan completar todos os requisitos requiridos ata a formalización da compra.

Con este sorteo foron once os actos deste tipo levados a cabo para adxudicar algunha das máis de cen vivendas posta ao dispor dos veciños de Vigo en edificios rehabilitados polo CCVV desde a súa creación en 2015.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.