Segunda xornada de portas abertas para descubrir os locais incluídos no concurso de aluguer de CCVV

O punto vermello indica o lugar de encontro para comezar a visita.

Vigo, 13 de xullo do 2022.– O Consorcio Casco Vello de Vigo organiza, este venres, 15 de xullo, a partir das 9.30 horas, unha segunda xornada de portas abertas para dar a coñecer a todas as persoas e entidades interesadas os 20 locais cuxo alugueiro acaba de sacar a concurso.

A visita, para a que non se precisa ningún tipo de inscrición, comezará á hora citada en fronte do local situado no baixo da promoción Subida a Costa 5, na popularmente coñecida como Praza do Abanico, e durante a mesma poderanse coñecer as características e situación dos distintos locais, situados en diversas zonas do Casco Vello. Co lanzamento deste concurso de alugueres, o CCVV pretende contribuír á dinamización da zona, para o que apostou por apoiar as iniciativas empresariais que queiran aproveitala ofrecendo unhas condicións de aluguer moi vantaxosas en canto a prezos e duración dos mesmos.

INFORMACIÓN SOBRE O CONCURSO PARA O ALUGUER DE 20 LOCAIS NO CASCO VELLO

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.