Que facer en Vigo nun día?

Estamos seguros de que moitos dos que nos ledes tedes unha relación directa con Vigo: sodes da cidade, vivides nela ou preto dela,… E que case todos os días, senón todos, pisades as rúas da urbe. Pero, algunha vez vos plantexastes percorrer Vigo durante 24 horas? Exprimir a cidade ao máximo durante todo un día?

Da man de Turismo de Vigo imos levarvos polos sitios máis destacados da cidade, para que poidades aproveitar todo o potencial de Vigo nun só día. Acercarémosvos á súa historia, arquitectura, paisaxes, comercio e gastronomía.

A rúa Príncipe semella un bo lugar para comezar este percorrido. Quizáis tomar un café nalgunha das súas terrazas ou facer algunhas compras poidan ser algunhas actividades idóneas neste inicio.

Ademais, é unha rúa estratéxica xa que nela sitúase o Museo de Arte Contemporáneo de Vigo (MARCO) e está preto da maior parte de fundacións e centros culturais de Vigo. Se as compras non interesan, sempre se pode aproveitar o tempo visitando algúns deles.

Deixando Príncipe, continuaremos Policarpo Sanz para chegar ao Casco Vello de Vigo, o barrio histórico, corazón da cidade. Dar un paseo polas súas renovadas rúas pode ser un bo plan para este momento. Aconsellámosvos internarse no barrio para deixarse perder nel, sentir toda a historia que emana e empaparse das novas experiencias que ofrece.

Ademais, o Casco Vello pode ser tamén un lugar ideal para comer. Que nos dicides sobre facer un parada na rúa das ostras?

Pola tarde pódese continuar o percorrido a pé e ir ao Monte do Castro para gozar dunha das mellores postas de sol de Galicia e perderse contemplando as impresionantes vistas que hai á Ría de Vigo.

Para rematar, propoñemos baixar cara o mar para poder ver en primeira plana a ría desde a Alameda ou desde Montero Ríos, rúa peatonal que conta con algunhas das mellores terrazas do centro de Vigo.

Como vedes, unha visita máis que completa polas principais rúas da cidade. Aínda que sabemos que quedan moitas zonas que descubrir, deberá quedar para outra ocasión 😉

 

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.