Presentación dun libro e fin de semana infantil na sede da asociación Évame Oroza

A Asociación Cultural Évame Oroza continúa unha semana máis coa súa intensa programación cultural na súa sede da rúa Subida á Costa 5, na zona alta do Casco Vello de Vigo. Así, mañá, martes 5, a partir das oito da tarde terá lugar a presentación da novela “El primer servicio”, de Emilio Herrera Oya, escritor vigúes que estará presente, xunto ao editor Xabier Romero, neste acto. A novela, editada pola Editorial Elvira, desenvolve unha trama policíaca nun Vigo perfectamente identificable ao longo das súas páxinas.

Posteriormente, durante a fin de semana, Évame Oroza súmase á programación literaria e humorística do festiva Hematofesti promovido ao redor da figura do autor Hematocrito. En concreto o sábado 9, ás 11 da mañá, o contacontos Caxoto realizará unha sesión, dirixida a rapaces de entre 4 e 9 anos, baseada na obra Barbavoa, do propio Hematocrito. A entrada é gratuíta pero é necesario inscribirse na seguinte ligazón: https://hematofesti.com/actividades/sesion-de-contos-con-caxoto-4/

O domingo, ás 12:30 horas continuará a programación infantil, neste caso da man do escritor David Rodríguez, que levará a cabo unha actividade baseada no libro Feroz Feliz de Hematocrito. Dirixida ao mesmo grupo de idade que a actividade anterior, igualmente ten carácter gratuíto pero precísase reserva nesta ligazón: https://hematofesti.com/actividades/sesion-de-contos-con-david-rodriguez-2/

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.