O IGVS adxudica mediante sorteo público 12 novas vivendas de protección rehabilitadas polo CCVV

  • Trátase dos primeiros pisos de protección do CCVV sorteados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) logo da rebaixa dos seus prezos iniciais nunha media de 27.000 euros e que foi acordada polo Consello de Administración do organismo.
  • O sorteo celebrouse hoxe ante notario no salón de actos da Delegación da Xunta en Vigo, ao que asistiron algunhas das persoas que participaban no mesmo.
  • As catro promocións sorteadas foron Ferraría 25, 27, 29 (5 pisos), Ferraría 31 (1 piso), Canellón do Estreito, 12 (2 pisos) e Ferraría 33-35 (4 pisos)
  • A vivenda máis barata ten un prezo de 71.869,92 euros (sen IVE) e a máis cara de 162.554,62 euros (sen IVE).
  • Os adxudicatarios recibirán agora a notificación da resolución para, despois, participar no sorteo de asignación da vivenda concreta que lles tocou, tendo un prazo de 45 días para formalizar as hipotecas e rematar logo coa entrega de chaves.

Vigo, 17 de setembro de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, María José Bravo Bosch, presidiu esta mañá un novo sorteo público ante notario doutras 12 vivendas de protección (VPA) rehabilitadas polo organismo, e no que estiveron presentes algúns dos participantes no mesmo.

Responsables do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) iniciaron o sorteo ás 11:00 horas da mañá ante a presenza dalgunhas das persoas que estaban inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia e que pediron participar neste procedemento. Así, foron adxudicadas outras 12 novas vivendas de protección ademais de coñecerse o listado de reserva dos posibles beneficiarios no caso de que os primeiros non formalicen en tempo as correspondentes hipotecas.

As promocións sorteadas esta mañá foron as ubicadas na Ferraría 25, 27, 29 (5 pisos), Ferraría 31 (1 piso), Canellón do Estreito, 12 (2 pisos) e Ferraría 33-35 (4 pisos). A vivenda máis barata adxudicada foi de 71.869,92 euros (sen IVE), mentres que a máis cara foi de 162.554,62 euros (sen IVE). Trátase dos primeiros pisos de protección sorteados polo IGVS) logo da rebaixa dos seus prezos nunha media de 27.000 euros do seu custo inicial, decisión adoptada polo organismo para facilitar a chegada de máis familias ao barrio histórico, sendo o aforro máis importante de preto de 44.000 euros.

A partires de hoxe, os 12 beneficiarios recibirán por parte do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- a comunicación formal coma adxudicatarios para, posteriormente, ser citados a unha reunión e a un novo sorteo de asignación da vivenda concreta que lles tocou. Os beneficiarios terán 45 días para formalizar as súas hipotecas e rematar logo o proceso coa entrega de chaves.

Características das 12 vivendas Das 12 vivendas de protección, 3 delas son de 3 dormitorios, 6 de 2 habitacións e as 3 restantes de 1 dormitorio. As superficies oscilan entre os 51,53 m2 e os 116,55 m2.

As vivendas adxudicadas divídense en 4 promocións, que son as seguintes:

– Ferraría 25-27-29 (5 vivendas):

1ºA: 2 dormitorios, 56,81 m2: Prezo: pasa dos 100.765,03 euros de antes aos 79.234,04 euros de agora. Aforro: máis de 21.500 euros.

2ºD: 2 dormitorios, 60,71 m2. Prezo: pasa dos 107.682,54 euros de antes aos 84.673,45 euros de agora. Aforro: máis de 23.000 euros.

1ºB (dúplex): 3 dormitorios, 116,55 m2. Prezo: pasa dos 206.727,07 euros de antes aos 162.554,62 euros de agora. Aforro: máis de 44.000 euros.

1ºC: 2 dormitorios, 65,68 m2. Prezo: pasa dos 116.497,93 euros aos 91.605,21 euros de agora. Aforro: máis de 24.600 euros.

2ºE: 2 dormitorios, 73,14 m2. Prezo: pasa dos 129.729,88 euros aos 102.009,82 euros de agora. Aforro: máis de 27.700 euros.

 – Ferraría, 31 (1 vivenda):

Vivenda F (dúplex): 2 dormitorios, 65,56 m2. Prezo: pasa dos 116.285,08 euros de antes aos 91.437,84 euros de agora. Aforro: máis de 24.800 euros.

 – Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas):

1ºA: 1 dormitorio, 61,60 m2. Prezo: pasa dos 111.300,93 euros de antes aos 85.914,75 euros de agora. Aforro: máis de 25.300 euros.

1ºB: 2 dormitorios, 90,47 m2. Prezo: pasa dos 164.193,16 euros de antes aos 126.180,32 euros de agora. Aforro: máis de 38.000 euros.

 – Ferrería 33-35 (4 vivendas):

1ºA: 1 dormitorio, 51,97 m2. Prezo: pasa dos 88.808,27 euros de antes aos 72.483,60 euros de agora. Aforro: máis de 16.300 euros.

1ºB: 1 dormitorio, 51,53 m2. Prezo: pasa dos 83.098,78 euros de antes aos 71.869,92 euros de agora. Aforro: máis de 11.200 euros.

2ºA: 3 dormitorios, 89,55 m2. Prezo: pasa dos 156.708,16 euros de antes aos 124.897,18 euros de agora. Aforro: máis de 31.800 euros.

2ªB: 3 dormitorios, 90,28 m2. Prezo: pasa dos 149.489,12 euros de antes aos 125.915,32 euros de agora. Aforro: máis de 23.500 euros.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.