O IGVS abre o 1 de xullo o proceso de selección de adxudicatarios doutras 12 vivendas rehabilitadas polo CCVV
- A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, e a directora xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Teresa Gutiérrez, anunciaron hoxe que o vindeiro 17 de setembro sortearanse 12 novos pisos rehabilitados en Ferrería 25-27-29-31 (6 vivendas); Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (4 vivendas).
- Dende o 1 de xullo e ata o xoves 18 do mesmo mes as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia poderán formalizar a súa participación no sorteo.
- As listas definitivas cos admitidos e excluídos no proceso se farán públicas o día 27 de agosto.
- Bravo Bosch animou aos vigueses e viguesas a apostar polo Casco Vello e recordou que aínda están a tempo de inscribirse no Rexistro poder ser uns dos futuros propietarios das 12 vivendas, todas rebaixadas nunha medida de 27.000 euros do seu prezo inicial.
Vigo, 25 de xuño de 2013.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, xunto coa directora xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Teresa Gutiérrez, anunciaron hoxe que o organismo autonómico comezará o vindeiro 1 de xullo o proceso de selección de adxudicatarios doutras 12 vivendas de protección autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo e ubicadas nas rúas Ferraría e Canellón do Estreito. Dende dito 1 de xullo e ata o 18 dese mesmo mes, as persoas inscritas no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia poderán formalizar a participación no sorteo dos pisos que se celebrará, segundo os prazos e tramitación administrativa prevista, o vindeiro 17 de setembro.
Será o vindeiro 1 de xullo cando o Instituto Galego de Vivenda e Solo publique a resolución do inicio do proceso mediante o que se sortearán esas 12 novas vivendas que pertencen ás seguintes promocións: Ferrería 25-27-29-31 (6 pisos), Canellón do Estreito, 12 (2 pisos) e Ferraría 33-35 (4 pisos). Segundo os prazos avanzados hoxe, o martes 6 de agosto publicarase a lista provisional de admitidos e excluídos no proceso cun prazo de 7 días hábiles para a presentación das reclamacións que procedan ata o mércores 14 de agosto. Resoltas as reclamacións no prazo máximo de 10 días, aprobaranse as listas definitivas coas persoas que participarán no sorteo do IGVS, concretamente, o martes 27 de agosto.
A presidenta do CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- aproveitou a rolda de prensa para animar aos vigueses e viguesas a que aposten pos residir no barrio histórico e seguir así dando vida ao corazón da nosa cidade en pleno rexurdir grazas ao traballo que o organismo leva a realizar dende o ano 2005. Recordou que as persoas que así o desexen aínda están a tempo de inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Xunta e poder ser uns dos futuros propietarios de ditas 12 vivendas. É moi importante estar ben inscrito en dito Rexistro, concretamente, no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.
Eses 12 pisos que serán sorteados o vindeiro 17 de setembro polo IGVS contan con rebaixas do seu prezo inicial nunha media de 27.000 euros. O desconto más importante será de 44.000 euros e corresponde á unha vivenda de tres dormitorios emprazada na promoción Ferraría 25-27-29-31. Foi durante o último Consello de Administración do CCVV cando, por unanimidade, acordouse rebaixar o prezo dos pisos de protección para facilitar aínda máis a chegada dos cidadáns ao Casco Vello. Deste modo, a partires de agora o prezo fixado do metro cadrado útil dos seus pisos será de 1.394,72 euros/m2, e non os 1.773,72 euros/m2 de antes.
Por último, Bravo Bosch recordou que, ademais desas 12 vivendas que serán sorteadas en setembro polo procedemento habitual, o CCVV dispón tamén doutros 8 pisos que poden adxudicarse na actualidade de maneira directa e cuxos futuros propietarios poderán beneficiarse dun aforro que vai dende os 39.700 euros dun inmoble ubicado no cuarteirón Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 ata os 17.100 euros doutro da promoción de San Sebastián 8-12-14. Os pisos que poden se adxudican directamente pertencen as promocións de: Santiago, 19 (1), San Sebastián 8-12-14 (1), e a mazá Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (6).
Características das 12 vivendas para o sorteo que fará o IGVS o 17 de setembro:
– Ferrería 25, 27, 29 e 31 (6 vivendas):
1ºA: 2 dormitorios, 56,81 m2: Prezo: pasa dos 100.765,03 euros de antes aos 79.234,04 euros de agora. Aforro: máis de 21.500 euros.
2ºD: 2 dormitorios, 60,71 m2. Prezo: pasa dos 107.682,54 euros de antes aos 84.673,45 euros de agora. Aforro: máis de 23.000 euros.
1ºB: 3 dormitorios, 116,55 m2. Prezo: pasa dos 206.727,07 euros de antes aos 162.554,62 euros de agora. Aforro: máis de 44.000 euros.
1ºC: 2 dormitorios, 65,68 m2. Prezo: pasa dos 116.497,93 euros aos 91.605,21 euros de agora. Aforro: máis de 24.600 euros.
2ºE: 2 dormitorios, 73,14 m2. Prezo: pasa dos 129.729,88 euros aos 102.009,82 euros de agora. Aforro: máis de 27.700 euros.
Baixo E, 1º: 2 dormitorios, 65,56 m2. Prezo: pasa dos 116.285,08 euros aos 91.437,84 euros de agora. Aforro: máis de 24.800 euros.
– Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas):
1ºA: 1 dormitorio, 62,75 m2. Prezo: pasa dos 111.300,93 euros aos 87.518,68 euros de agora. Aforro: máis de 23.700 euros.
1ºB: 2 dormitorios, 92,57 m2. Prezo: pasa dos 164.193,26 euros aos 129.109,23 euros de agora. Aforro: máis de 35.000 euros.
– Ferrería 33-35 (4 vivendas):
1ºA: 1 dormitorio, 47,25 m2. Prezo: pasa dos 88.808,27euros aos 65.900,52 euros de agora. Aforro: más de 22.900 euros.
1ºB: 1 dormitorio, 46,85 m2. Prezo: pasa dos 83.098,78 euros aos 65.342,63 euros de agora. Aforro: máis de 17.700 euros.
2ºA: 2 dormitorios, 88,35 m2. Prezo: pasa dos 156.708,16 euros aos 123.223,51 euros de agora. Aforro: máis de 33.400 euros.
2ªB: 2 dormitorios, 84,28 m2. Prezo: pasa dos 149.489,12 euros aos 117.547,00 euros de agora. Aforro: máis de 31.900 euros.
Características das 8 vivendas dispoñibles mediante adxudicación directa:
– Santiago 19 (1 vivenda):
1º: 1 dormitorio, 66,1 m2. Prezo: pasa dos 117.242,89 euros aos 92.190,99 euros de agora. Aforro: máis de 25.000 euros.
– San Sebastián 8-12-14 (1 vivenda):
1ºA: 1 dormitorio, 45,3 m2. Prezo: pasa dos 80.349,52 euros aos 63.180.82 euros de agora. Aforro: máis de 17.100 euros.
– Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (6 vivendas):
Semisoto A: 2 dormitorios, 81,55 m2. Prezo: pasa dos 144. 466,87 euros aos 113.739,42 euros de agora. Aforro: máis de 30.700 euros.
Baixo A: 2 dormitorios, 81,95 m2. Prezo: pasa dos 145.356,35 euros aos 114.297,30 euros de agora. Aforro: máis de 31.000 euros.
Semisoto B: 1 dormitorio, 56,5 m2. Prezo: pasa dos 100.392,55 euros aos 78.941,15 euros de agora. Aforro: máis de 21.400 euros.
Baixo B: 1 dormitorio, 59,5 m2. Prezo: pasa dos 105.536,34 euros aos 82.985,84 euros de agora. Aforro: máis de 22.500 euros.
1ºB: 1 dormitorio, 61,4 m2. Prezo: pasa dos 108.906,41 euros aos 85.635,81 euros de agora. Aforro: más de 23.200euros.
Baixo C: 3 dormitorios, 104,75 m2.Prezo: pasa dos 185.797,17 euros aos 146.096,92 euros de agora. Aforro: máis de 39.700 euros.