O IGVS abre hoxe o procedemento para a adxudicación de 12 vivendas protexidas rehabilitadas polo CCVV
- Sortearanse entre os demandantes que a día de hoxe estean inscritos ou teñan presentada solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda.
- Os interesados contan con quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no sorteo, que se realizará o 17 de setembro.
Vigo, 1 de xullo de 2013.- O Instituto Galego da Vivenda e Solo iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de doce vivendas protexidas de promoción privada, rehabilitadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, participado nun 90 por cento polo IGVS, no que poderán participar todos aqueles que a día de hoxe estean inscritos ou teñan presentado solicitude de inscrición no Rexistro de Demandantes de Vivenda, no réxime de vivenda concertada e acceso en compra.
Os interesados que cumpran o requisito anterior dispoñen de quince días hábiles para solicitar a súa inclusión no procedemento de adxudicación, para o que poden atopar o modelo de solicitude na web do IGVS: http://igvs.xunta.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes. O prazo remata o 18 de xullo.
As vivendas para as que se inicia o procedemento de adxudicación son as seguintes:
Localización |
Nº vivendas |
Superficie m2 |
Nº dormitorios |
Prezo € |
R/ Ferrería 31 |
1 |
65,56 |
1 |
91.437,84 |
R/ Ferrería 33-35 |
2 |
47,25 |
2 |
65.900,52 |
46,85 |
65.342,63 |
|||
R/ Ferrería 33-35 |
2 |
88,35 |
3 |
123.223,51 |
84,28 |
117.547,00 |
|||
R/ Ferrería 25-27-29 |
5 |
56,81 |
2 |
79.234,04 |
60,71 |
84.673,45 |
|||
65,68 |
91.605,21 |
|||
73,14 |
102.009,82 |
|||
116,55 |
3 |
162.554,62 |
||
Canellón do Estreito 12 |
1 |
62,75 |
1 |
87.518,68 |
Canellón do Estreito 12 |
1 |
92,57 |
2 |
129.109,23 |
Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes de inclusión no sorteo e tramitadas as mesmas. A lista provisional de admitidos ao mesmo publicarase o seis de agosto, abríndose un prazo de sete días hábiles (ata o 14 de agosto) para reclamacións á mesma. A lista definitiva publicarase o 27 de agosto e o sorteo das vivendas realizárase o 17 de setembro.