O DOG publica a licitación para contratar as obras de rehabilitación en San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7
- O Diario Oficial de Galicia (DOG) de hoxe recolle o anuncio de información pública do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) cos pregos das cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das obras de recuperación dos edificios nas rúas San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7.
- O proxecto contempla unha actuación sobre catro inmobles completamente en ruínas da que sairán 10 novas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) -todas elas dun dormitorio- e dous locais comerciais. Os pisos terán unhas superficies que van dende os 46,24 m2 aos 68,20 m2.
- Os interesados atoparán toda a información e documentación necesaria na web www.consorciocascovellovigo.org ou nas oficinas do organismo sito na Praza da Princesa, número 7. O prazo de presentación das propostas é de 26 día hábiles a partires de mañá, venres, co que o último día será o vindeiro 11 de decembro.
- O orzamento de licitación é dun total de 1.389.290,46 euros (IVE incluido) e o prazo de execución de 15 meses. Se estima que as obras poidan comezar antes de que remate este ano.
Vigo, 08 de novembro de 2012.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio de licitación do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) relativo á contratación das obras de rehabilitación das rúas San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7. Da actuación prevista sairán 10 novas Vivendas de Protección Autonómica (VPA) e dous locais comerciais.
O proxecto do CCVV -participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo- contempla unha intervención integral sobre catro edificios completamente en ruínas ubicados en San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7 e orzamento de licitación é dun total de 1.389.290,46 euros (IVE incluído). Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación das obras de rehabilitación de ditos inmobles poden atoparse en www.xunta.es/diario-oficial-galicia.
Os interesados nas obras de recuperación de San Sebastián 4-6 e Subida ao Castelo 5-7 encontrarán toda a información e documentación necesaria na web www.consorciocascovellovigo.org ou nas oficinas do organismo sito na Praza da Princesa, número 7. O prazo de presentación das propostas é de 26 días hábiles a partires de mañá, venres, co que o último día será o vindeiro 11 de decembro.O prazo de execución das obras unha vez adxudicadas será de 15 meses é se estima que as obras poidan comezar antes de que remate este mesmo ano.
Foi no Comité Executivo do 27 de setembro cando se aprobaron os pregos de condicións desta actuación e, naquela ocasión a delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, María José Bravo Bosch, recordou que o actual proxecto ven a completar a actuación que se está a desenrolar no cuarteirón Castelo-San Sebastián, formado polas obras de rehabilitación que xa están case rematadas en San Sebastián 8-12-14, Hortas 10-12 e da urbanización interior dos mesmos.