O Consorcio Casco Vello de Vigo prorroga a súa actividade ata o ano 2029

O seu plan de actuación para o próximos cinco anos prevé un investimento superior aos quince millóns de euros

O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) prolongárá a súa actividade polo menos durante catro anos máis, grazas á renovación do convenio do colaboración entre os súos dous integrantes, a Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, e o Concello de Vigo. O acordo, aprobado polo Consello de Administración do Consorcio, presidido por Ana Ortiz Alvarez, garante a continuidade do labor de recuperación urbana emprendida polo CCVV fai xa vinte anos, como mínimo, ata decembro do 2029 -con posibilidade de prórroga- á vez que establece as condicións para o seu financiamento que, basicamente, seguen respectando a proporción de ambos os membros na composición deste organismo: un 90% a cargo da Xunta de Galicia e un 10% no caso do Concello de Vigo.

A renovación foi acompañada por outros dous importantes acordos que regularán a actividade do Consorcio a longo e curto prazo: o Plan de Actuación 2025-2030 e o Programa de Actuacións, Investimento e Financiamento (PAIF) para o exercicio de 2026.

Plan de Actuación 2025-2030

O documento que servirá como guía na actuación do CCVV destaca o seu carácter netamente investidor, xa que o importe destinado a adquisición de solares ou edificios e á execución dos proxectos e obras necesarias para a súa rehabilitación fíxase en 15.186.794 euros ao longo dos seus cinco anos de validez.

O Plan aprobado realiza un amplo estudo sobre a situación do ámbito de actuación do Consorcio, limitado polo espazo definido no PEPRI Casco Vello de Vigo, así como da evolución do mesmo desde a súa aprobación.

En base a estes datos, e tendo moi en conta tanto os obxectivos establecidos para o Consorcio como as súas limitacións orzamentarias e o feito de estar en concorrencia coa iniciativa privada, o Plan de Actuación establece dúas listas de inmobles sobre os que centrará o seu labor. A primeira recolle aqueles que se consideran como PRIORITARIOS, en tanto que a segunda establece outros sobre os que se tentará actuar dunha forma subsidiaria no caso de non poder intervir en todos os incorporados na primeira categoría.

A labor do Consorcio permitiu a chegada á zona de case cen novas familias

A inclusión na listaxe de intervencións prioritarias, que afecta a vinte e cinco edificios distribuídos en trece cales, baséase en criterios como ser xa propiedade do Consorcio, a súa edificabilidade ou o alto impacto do seu estado ou localización nunha zona considerada como Ben de Interese Cultural. O plan recolle así mesmo a creación dun mecanismo de revisión anual para adaptalo á volatilidade do mercado e a dispoñibilidades de inmobles.


PAIF 2026

No que se refire ao inmediato exercicio de 2026, o Consello de Administración aprobou un orzamento de 4.211.900 euros, co que se pretende dar un importante impulso á actividade de Consorcio para alcanzar os seus obxectivos fundacionais.

A cantidade fixada no novo Paif permitirá o investimento real en adquisicións e rehabilitacións de 2.197.147 euros. A maior parte desta cantidade, 1.323.657 euros, destinarase á promoción Rúa Alta 8-14, e á adquisición dun novo edificio para o que se destinan máis de 475.000 euros. Están previstas ademais intervencións de menor contía noutras cinco rehabilitacións. O financiamento do orzamento lógrase grazas á venda prevista de inmobles (595.637 euros), ingresos patrimoniais (148.139 euros, dos cales aproximadamente a metade corresponden aos alugueiros dos locais comerciais creados polo Consorcio), a aplicación de remanentes de Tesourería e as achegas da Xunta de Galicia e Concello de Vigo.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.