O CCVV ten aberto o prazo de presentación de proxectos para alugar 8 locais comerciais na parte alta do barrio histórico

  • O Boletín Oficial da Provincia (BOP) ven de publicar o anuncio do concurso público para que os emprendedores presenten os proxectos empresariais cos que o organismo seguirá a senda de dinamización iniciada polos outros locais comerciais que xa teñen actividade comercial.
  • O prazo máximo para a achega das ofertas empresariais rematará o vindeiro 22 de xullo. Os proxectos, xunto coa a documentación perceptiva, presentaranse en persoa na oficina do Consorcio Casco Vello de Vigo, sita na Praza da Princesa, número 7, 1º dta. ou por correo dentro do prazo indicado. 
  • Os 8 baixos comerciais dispoñibles mediante este concurso público contan con superficies que van entre 28,06 m2 e 98,80 m2, mentres que os prezos dos mesmos durante os dous primeiros anos van dende 160,02 euros ao mes a 514,91 euros aos mes, xa que se aplica un desconto do 50%.
  • Ademais destes 8 locais emprazados nas rúas Ferraría (números 11, 25, 27, 29, 31 e 33), San Sebastián (número 8) e Abeleira Menéndez (número 24) que agardan a chegada de novos emprendedores, o CCVV adxudicará de xeito directo outro local en Abeleira Menéndez, 18.

Vigo, 29 de xuño de 2013-. O Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) mantén aberto o prazo para que os emprendedores que o desexen poidan achegar as súas propostas empresariais co obxectivo de poder alugar algún dos 8 novos locais comerciais emprazados na parte alta do barrio histórico. Tras a publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP), os interesados teñen ata o vindeiro 22 de xullo para presentar as súas ofertas.

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, animou aos emprendedores a apostar polo corazón da nosa cidade e seguir a dinamizar a zona vella co asentamento de novos proxectos empresariais e recordou que os aspirantes teñen que entregar as ofertas, xunto coa a documentación perceptiva e dentro do prazo establecido na oficina do Consorcio, ubicada na Praza da Princesa número 7, 1º dereita ou tamén a través do correo postal no prazo establecido.

Trátase de 8 novos locais comerciais que o CCVV –participado nun 90% pola Xunta de Galicia e nun 10% polo Concello de Vigo- pon no mercado a través de concurso público na parte alta do barrio histórico, concretamente, nas rúas Ferraría (números 11, 25, 27, 29, 31 e 33), San Sebastián (número 8) e Abeleira Menéndez, 24. En todos eles o organismo ofrece importantes vantaxes e bonificacións  durante os dous primeiros anos, xa que se aplica un 50% de desconto para facilitar así a chegada dos emprendedores.

Os baixos dispoñibles e rehabilitados polo CCVV contan con superficies que van entre28,06 m2e98,80 m2, mentres que os prezos dos mesmos durante os dous primeiros anos van dende 160,02 euros ao mes a 514,91 euros ao mes. Ademais, os contratos terán unha duración máxima de 5 anos, cunha opción de compravenda transcorrido un ano dende o efectivo desenvolvemento da actividade empresarial. Os interesados poden obter máis información na web www.consorciocascovellovigo.org.

Ademais, o CCVV adxudicará de xeito directo outro local máis na rúa Abeleira Menéndez, 18, pertencente ao anterior concurso público, mentres que o emprazado na rúa Cruz Verde, 5, dereita, atópase en proceso de adxudicación.

Na actualidade, xa son 7 os locais comerciais con total actividade nas rúas Abeleira Menéndez  e Santiago mentres que hai outros 2 máis que foron adxudicados recentemente e ubicados en Real, 25, para a apertura dunha librería e Cruz Verde, 5, esquerda, para un establecemento de produtos artesanais.

Características dos 8 locais comerciais dispoñibles:

– Ferraría, 11:98,80 m2.

Renda anual: 12.357,72 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 514,91 euros (1.029,81 euros despois).

– Ferraría, 25: 59,25 m2.

Renda anual: 6.373,56 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 265,57 euros (531,13 euros despois).

Ferraría, 27:60,08 m2.

Renda anual: 4.536,24 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 189,01 euros (378,02 euros despois).

– Ferraría, 29: 67,67 m2.

Renda anual: 7.253,76 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 302,24 euros (604,48 euros despois).

– Ferraría, 31:33,21 m2.

Renda anual: 3.840,40 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 160,02 euros (320,03 euros despois).

– Ferraría, 33:52,95 m2.

Renda anual: 6.183,96 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 257,67 euros (515,33 euros despois).

– San Sebastián, 8:28,06 m2.

Renda anual:  3.915,84 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 163,16 euros (326,32 euros despois).

– Abeleira Menéndez, 24:32,07 m2.

Renda anual: 5.616.60 euros.

Renda mensual os dous primeiros anos: 234,03 euros (468,05 euros despois).

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.