O CCVV pon en marcha o seu primeiro proceso de adxudicación de vivendas do ano 2022

Vigo, 31 de marzo de 2022.- O Consello Executivo do Consorcio Casco Vello de Vigo ( CCVV) aprobou esta mañá o inicio do proceso de adxudicación das dúas vivendas que integran a súa promocíon Subida ao Castelo, 9. Para ese efecto o organismo que preside Marta Mª Fernández-Núñez Tapias dirixirase ao Instituto Galego de Vivenda e Solo para a posta en marcha da selección dos candidatos aptos para acceder ao sorteo destas dúas novas residencias. Na proposta elaborada a tal fin sinálanse os prezos establecidos para cada unha das dúas vivendas, que quedan fixados así:

Vivenda A: 166.000 euros (94,13 m2 de superficie estimada pendente da conclusión das obras)

Vivenda B : 157.000 euros (88,80 metros cadrados de superficie estimada pendente da conclusión das obras )

A promoción Subida ao Castelo, 9 desenvólvese nun solar de 72 metros cadrados de superficie, adquirido polo Consorcio en novembro de 2019. O proxecto do estudo MAM Arquitectura centrouse na procura do máximo aproveitamento posible do volume utilizable en función das condicións do solar e a súa contorna. Como elementos distintivos da intervención hai que destacar a pasarela que pemitirá o acceso independente a cada unha das vivenda, salvando o forte desnivel da rúa, e a vertebración da residencias ao redor dunha escaleira central que une as tres plantas de cada unha delas. A planta baixa da fachada terá como compoñente principal cachotería reutilizada mentres que nas plantas superiores predominará o acristalamento con carpintería de madeira, a modo de lamas verticais, que conferirá ao edificio unha marcada singularidade na contorna do Casco Vello.

 

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.