O CCVV lanza unha nova campaña de dinamización para atraer ao barrio histórico máis familias, máis emprendedores e novas institucións
- A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch presentou hoxe Dende agora, a nosa vida no corazón de Vigo. Ven ao Casco Vello, unha campaña que busca animar aos vigueses e viguesas a apostar polo Casco Vello.
- Actualmente, xa son 44 as novas familias que residen nalgunha das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) sorteadas e xa contan con actividade empresarial 7 locais comerciais.
- Agora, o CCVV ten dispoñibles á espera de novas familias 30 vivendas de protección e un total de 12 locais comerciais con importantes vantaxes de arrendamento.
- A campaña céntrase nunha serie de accións complementarias en diferentes soportes cunha filosofía e encanto vangardista. Repartíranse cartelería, folletos e merchandising con varias imaxes, información e un plano de situación onde se visualizarán as vivendas dispoñibles, os novos locais e os que xa teñen actividade empresarial.
- Entre outras accións, o organismo elixiu medios divulgativos e en movemento para a difusión da campaña como é a liña de autobús urbano C-1 que levará a imaxe e a mensaxe do CCVV durante 3 meses e que xa comezou a circular este fin de semana.
Vigo, 6 de maio de 2013-. A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, presentou hoxe unha campaña integral de dinamización para implicar aínda máis aos vigueses e viguesas na recuperación do barrio histórico coa chegada de máis familias, máis emprendedores e a implantación de novas institucións.
Baixo o lema Dende agora, a nosa vida no corazón de Vigo. Ven ao Casco Vello, Bravo Bosch, acompañada polo xerente do organismo, Alfonso Ramos, explicou que se busca non só dar a coñecer todo o traballo realizado polo CCVV –participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello- dende a súa creación, senón tamén “animar aos mozos e mozas con inquietudes que queiran iniciar unha nova vida e, tamén aos novos emprendedores, a que formen parte activa da recuperación integral do barrio histórico da cidade”.
Ata o de agora, son 44 as novas familias que apostaron polo Casco Vello e que residen nalgunha das Vivendas de Protección Autonómica (VPA) xa sorteadas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), mentres que xa contan con actividade empresarial 7 locais comerciais rehabilitados tamén polo organismo. A campaña presentada hoxe fai un chamamento á cidadanía viguesa para que sigan chegando máis familias e máis emprendedores á zona vella, ao tempo que continúe o asentamento de novas institucións.
Neste senso, xa o fixeron por exemplo, a Asociación Provincial de Empresarios da Construción (APEC) que ten a súa sede na rúa Real, 16; os Rexistradores da Propiedade na mesma rúa Real; hai que ter en conta o proxecto para trasladar o Servizo Común de Notificacións e Embargos ás rúas San Sebastián e Abeleira Menéndez e o Centro de Interpretación e de Visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no antigo edificio Cambón.
Imaxe sinxela A campaña de dinamización do CCVV tradúcese nunha imaxe sinxela, elegante e práctica na que se visualizan as actuais vivendas dispoñibles con siluetas de xente, familias e futuros emprendedores para o barrio histórico. Entre as actuacións previstas destacan unha serie de accións complementarias, actuais, dinámicas e coidadas, en diferentes soportes pero, sobre todo, multimedia, cunha filosofía e encanto vangardista.
Repartiranse cartelería, folletos e merchandising con varias imaxes e información clara de contacto e un plano de situación onde se visualizarán as vivendas dispoñibles, os novos locais e os que xa teñen actividade empresarial. Ase mesmo o organismo elixiu medios divulgativos e en movemento para a difusión da campaña como é a liña de autobús urbano C-1 que levará a imaxe e a mensaxe do CCVV durante 3 meses e que xa comezou a circular este fin de semana, o sábado día 4.
Haberá tamén publicidade estática de gran formato coa utilización durante 3 meses do mupi vitrina ubicado na Praza de España e o Reloxo-Termómetros de Travesía de Vigo, ambos puntos estratéxicos por onde concorren centos de cidadáns e condutores todos os días.
A campaña inclúe ademais un Pop Up de 5×3 que se colocará na entrada da Delegación Territorial e un Roller Up con imaxes, que se utilizarán en eventos, accións concretas no Casco Vello, roldas de prensa ou entregas de premios.
Por último, se levará a cabo unha campaña local vinculada a accións puntuais e directas de promoción aproveitando importantes actos que se realicen na cidade e coma xa se fixo anteriormente na Festa da Reconquista, no derbi que enfrontou ao Celta co Deportivo ou coa asistencia a feiras e eventos relacionados co sector coma sucedeu con Franquiatlántico, ou nos propios locais que xa están en funcionamento no Casco Vello contando así coa colaboración dos propios adxudicatarios.
As 30 vivendas que están dispoñibles son:
– Ferraría 25, 27, 29, 31 (6 vivendas): 5 pisos de 2 dormitorios e 1 de 3 dormitorios. 2 de eles son dúplex.
– Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas): 1 piso de 1 dormitorio e 1 de 2 dormitorios.
– Ferraría 33-35 (4 vivendas): 2 pisos de 1 dormitorio e 2 de 2 dormitorios (dúplex).
– San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 (10 vivendas): 10 pisos de 1 dormitorio.
– Santiago, 19 (1 vivenda): 1 piso de 1 dormitorio
– San Sebastián 8-12-14 (1 vivenda): de 1 dormitorio
– Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (6 vivendas): 2 pisos de 1 dormitorio, 3 pisos de 2 dormitorios e 1 de 3 dormitorios.
Mentres, os 12 locais comerciais dispoñibles:
– Abeleira Menéndez 18-20: 55,18 m2
– Cruz Verde, 5, baixo dereita: 54,70 m2 + 13, 20 m2
– Ferraría, 11: 98,80 m2
– Ferraría, 25: 59,25 m2
– Ferraría, 27: 60,08 m2
– Ferraría, 29: 67,67 m2
– Ferraría, 31: 33,21 m2
– Ferraría, 33: 52,95 m2
– San Sebastián, 8: 28,06 m2
– Abeleira Menéndez, 24: 32,07 m2
– Real, 25: 72,17 m2
– Cruz Verde, 5, baixo esquerda: 46,10 m2