O CCVV inicia o procedemento para adxudicar 11 vivendas en aluguer no Casco Vello de Vigo

  • Poderán acceder a elas os incritos ou os que, ata o 15 de marzo, soliciten a inscrición no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda no apartado que corresponde a promoción pública de núcleos rurais e cascos históricos.
  •  Lucía Molares anunciou hoxe que coa decisión, que foi adoptada no último Consello de Administración do Consorcio, dase cumprimento ao acordo por unanimidade de destinar un 20% das vivendas do organismo a réxime de aluger.
  •  O sorteo das primeiras 19 vivendas rehabilitadas polo CCVV que saen a venda en prezo concertado celebrarase o vindeiro xoves 3 de febreiro na Delegación da Xunta logo de publicarse hoxe a lista definitiva de admitidos.

Vigo, 28 de febreiro de 2011.- A delegada territorial da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), Lucía Molares, anunciou hoxe o inicio do procedemento para sacar ao mercado en réxime de aluger 11 vivendas sitas nas rúas Ferraría-Subida ao Castelo despois de que o Consello de Administración do Consorcio adoptara o acordo na súa última sesión.

 Molares, acompañada polo xerente do CCVV, Alfonso Ramos, explicou que os interesados en acceder a estas 11 vivendas no barrio antigo da cidade teñen que estar inscritos no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia no apartado que corresponde a vivenda de promoción pública de núcleos rurais e cascos históricos e, concretamente, na opción de aluguer. Ademais, sinalou que participarán no sorteo todos aqueles que xa estean inscritos nesta modalidade ou os que se inscriban nestes días e ata o vindeiro 15 de marzo, data límite para poder acceder a estas 11 vivendas en réxime de aluguer.

 Coa decisión anunciada hoxe pola presidenta do Consorcio do Casco Vello dase cumprimento ao acordo que por unanimidade tomou no seu momento o Consello de Administración do CCVV de destinar un 20% das vivendas do organismo en réxime de aluger. Precisamente, a decisión de sacar estas 11 vivendas en aluguer adoptouse durante a última sesión que o Consello de Administración do organismo celebrou a semana pasada.

Para xóvenes de 18 a 35 anos

Lucía Molares explicou que o CCVV destinará estas vivendas a xóvenes de entre 18 e 35 anos e para poder participar nesta promoción de VPP, deben acadar uns ingresos entre 1 e 5,5 veces o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM). En función da superficie das vivendas e dos ingresos dos futuros adxudicatarios, os prezos do aluguer poden oscilar entre os 71 e os 216 euros.

As 11 vivendas contan con rochos e teñen unhas superficies que van dende os 30 e ata os 71 m2 para familias de un ou dous membros. Así, en función das características e das superficies, o IGVS establecerá dous cupos á hora de realizar o sorteo: 6 das vivendas se destinarán a unidades familiares de un so membro mentras que as 5 restantes serán para unidades familiares de dous membros.

As primeiras 19 vivendas en venda se sortean o día 3 de marzo

A presidenta do CCVV aproveitou a rolda de prensa ofrecida hoxe para anunciar que o vindeiro xoves, 3 de marzo, celebrarase o sorteo para adxudicar as primeras 19 vivendas en réxime de protección autonómica en venda a prezo concertado, logo de publicarse esta mesma mañá a lista definitiva de admitidos no proceso de adxudicación. Os interesados poden consultar os listados a través da páxina web do IGVS ou da do Consorcio Casco Vello de Vigo:

http://www.igvs.es/web/actuamos/celebracions-sorteos-rexistro-demandantes

 Con todo, a celebración do sorteo, que será ante notario, celebrarase ás 11.00 horas da mañá do xoves 3 de marzo no salón de actos da Delegación Territorial da Xunta en Vigo e poderán asistir todos os interesados en coñecer o resultado do mesmo.

 Con este primeiro sorteo se fará realidade a chegada das primeiras familias aos inmobles rehabilitados íntegramente polo Consorcio Casco Vello, participado nun 90% pola Xunta de Galicia e no 10% restante polo Concello de Vigo, na zona histórica da cidade. En concreto serán ocupadas as promocións de Abeleira Menéndez, 11; Abeleira Menéndez 13-15; Santiago, 19; Santiago 11-1315-17; e Real, 16. Nas vindeiras semanas comezará o proceso para outras 16 vivendas.

A data de hoxe, o CCVV é propietario de 36 inmobles, dos cales 15 xa están totalmente rehabilitados. Trátase así de 52 vivendas completamente dispoñibles, das cales 35 sairán á venda, 11 en aluguer e 6 destinadas a realoxos. A previsión é que ao longo deste ano 2011 estean totalmente rematadas preto dun centenar de vivendas.

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.