O CCVV finaliza o seu concurso de alugueiro coa adxudicación de quince locais comerciais
-
Distribuídos en sete rúas abarcan un amplo campo de actividades
-
Outros cinco baixos comerciais ofertaranse próximamente en adxudicación directa
Vigo, 13 de outubro do 2022.– O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo, reunido esta mañá baixo a presidencia de Marta Mª. Fernández-Tapias Núñez, deu a coñecer a relación dos quince locais adxudicados no concurso convocado por este organismo para dotar de actividade aos baixos comerciais resultantes da rehabilitación de diversos edificios no barrio histórico vigués.
Ao proceso de selección presentáronse un total de 89 solicitudes, que foron todas elas admitidas. Tras a baremación das ofertas de acordo con os criterios establecidos no prego de condicións (adecuación da actividade para desenvolver ás características do casco vello, viabilidade económica e técnica dos proxectos, capacidade de dinamización, etcétera) estableceuse unha orde de puntuación para cada local e seleccionouse a oferta máis vantaxosa para cada un deles tindo en conta as prioridades dos solicitantes.
A ocupación destes quince locais supoñerá un importante respaldo ao obxectivo do CCVV de contribuír á a dinamización social e económica da zona. Para iso a convocatoria do concurso de adxudicación partía dunhas bases que tiñan moi en conta as características da zona e a situación do mercado inmobiliario, ofertando unhas condicións vantaxosas en canto ao importe do alugueiro e a duración dos contratos, fixada nun mínimo de sete anos, período durante o cal non se producirán incrementos das rendas.
Os novos establecementos repartiranse nun total de sete rúas do casco vello de Vigo, especialmente na zona alta onde, ata o de agora, realizáronse un maior número de intervencións por parte do Consorcio. A rúa San Sebastián, con catro, é a que concentra un maior número de adxudicacións, seguida de Abeleira Menéndez, con tres. As rúas Ferrería, Cruz Verde e Santiago contarán cada unha delas con dous novos locais comerciais e, pechan a relación, Subida á Costa e Praza de Berbés que acollerán un novo establecemento cada unha.
As actividades ás que se destinarán os locais adxudicados son diversas xa que abarcan campos como a formación, as actividades profesionais, artesanía ou produción editorial e audiovisual. En concreto as asignacións definitivas son as seguintes:
- LOCAL 1. Abeleira Menéndez 11: NUA Ecoprint – Artesanía textil. Las flores de Greta
- LOCAL 2. ABELEIRA MENÉNDEZ 16 : ABELLA PRODUCCIÓNS – Asociación cultural sen ánimo de lucro
- LOCAL 4. Abeleira Menéndez 26: ILUSTRACION Vigo – Academia de cómic
- LOCAL 5. Cruz Verde 5 Dereita- local B: JAMES GERARD COLLINS – Academia de Inglés / diseño
- LOCAL 6. Cruz Verde 5 Esquerda- local A: Alba Pérez Espiñeira – Artesanía cerámica
- LOCAL 8. Ferrería 05 – local 1: MADRE films – Productora audiovisual
- LOCAL 11. Ferrería 10_12: Luz Mª Morgade – Estudio de arquitectura
- LOCAL 13. San Sebastián 04: Alejandro Martínez – Estudio de arquitectura
- LOCAL 14. San Sebastián 06: SUKHA STUDIO (Pablo Barros) – Centro de saude e benestar
- LOCAL 15. San Sebastián 08: Mario López – Orfebrería
- LOCAL 16. San Sebastián 26: Mª del Milagro Comesaña – Centro de orientación e acompañamento
- LOCAL 17. Santiago 15, local III-IV dereita: DANTE ALIGHIERI – Asociación cultural sen ánimo de lucro
- LOCAL 18. Santiago 19: Mundo detrás del Marco – Editorial
- LOCAL 19. Subida á Costa 5: Mundo detrás del Marco – Editorial
- LOCAL 20. Ribeira do Berbés 29: Jorge Vila – Academia formación viño (Galicia wine academy)
Adxudicación directa
O concurso convocado polo CCVV incluía cinco locais máis cuxa adxudicación quedo deserta ao non presentarse ningunha candidatura ou non axustarse as presentadas ás condicións incorporadas no prego de condicións. #De acordo con leste mesmo documento, para estes cinco locais abrirase proximamente un proceso de adxudicación directa. Os locais que pasan a adxudicación directa son:
- LOCAL 3. Abeleira Menéndez 18. Superficie útil 55,18 m2. Renda mensual 137,95 €.
- LOCAL 7. Cruz Verde 12. Superficie útil 44,65 m2. Renda mensual 111,63 €.
- LOCAL 9. Ferrería 05 – local 3. Superficie útil 47,69m2. Renda mensual 119,23 €.
- LOCAL 10. Ferrería 11. Superficie útil 98,80 m2. Renda mensual 247,00 €.
- LOCAL 12. Real 25. Superficie útil 72,17 m2. Renda mensual 180,43 €.
A adxudicación directa realizarase por orde de presentación de solicitudes coas mesmas condicións e requisitos establecidos para o concurso. Este proceso será anunciado a través do BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do CCVV nos próximos días.