O CCVV entrega as chaves doutras 2 VPA, 1 delas do último sorteo do IGVS e 1 máis mediante adxudicación directa
-
A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves aos propietarios doutras 2 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo. 1 delas pertence ao sorteo dos 12 pisos que realizou o pasado mes de setembro o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), mentres que a outra correspóndese cunha fase anterior.
-
Trátase de 1 vivenda de 1 dormitorio cunha superficie de 46,85 m2 emprazada na promoción Ferraría 33-35 e doutra de 2 dormitorios cunha superficie de 81,95 m2, sita no cuarteirón Ferraría San Sebastián (Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7). O prezo do 1ºB de Ferraría 33-35 é de 65.342,63 euros (sen IVE), mentres que o Baixo A da couzada Ferraría San Sebastián é de 114.297,30 euros (sen IVE)
-
Grazas a decisión adoptada o ano pasado polo CCVV de rebaixar o custe das vivendas para facilitar aínda máis a chegada das novas familias ao barrio, o aforro máis importante desta entrega ascende a máis de 31.000 euros.
Vigo, 21 de febreiro de 2014-. A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV), María José Bravo Bosch, entregou hoxe as chaves doutras 2 Vivendas de Protección Autonómica (VPA) rehabilitadas polo organismo, 1 delas pertencente ao último sorteo de 12 pisos celebrado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) en Vigo -o pasado 17 de setembro- e unha máis correspondente á unha fase anterior, logo de superarse os prazos establecidos e mediante adxudicación directa.
O acto para a firma das hipotecas e das escrituras destes 2 novos pisos postos no mercado polo CCVV –participado nun 90% pola Xunta en un 10% polo Concello- celebrouse este venres nunha notaría da nosa cidade, na que Bravo Bosch aproveitou para agradecer a cada novo propietario a súa aposta decidida para residir na zona vella. Para cando remate o proceso actual aberto de adxudicación das 12 VPA sorteadas en setembro, serán unhas 60 as familias que xa residirán no barrio desde que o organismo comezara a oferta de vivendas rehabilitadas e recuperadas no Casco Vello, no ano 2011.
Con respecto as 2 VPA entregadas, 1 delas, o 1ºB da promoción Ferraría 33-35, ten 1 dormitorio e conta cunha superficie de 46,85 m2, e o seu prezo actual é de 65.342,63 euros (sen IVE), mentres que a outra, o Baixo A do cuarteirón Ferraría San Sebastián (Ferraría 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7), ten 2 dormitorios e conta cunha superficie de 81,95 m2 e o seu coste é de 114.297,30 euros (sen IVE).
Grazas a decisión adoptada polo Consello de Administración do CCVV no mes de maio de 2013 de rebaixar o custo das vivendas para facilitar aínda máis a chegada das novas familias ao barrio nos actuais tempos de crise, o aforro máis importante nesta entrega de hoxe dun dos pisos ascende a máis de 31.000 euros. O prezo fixado do metro cadrado útil dos pisos rehabilitados polo organismo é agora de 1.394,72 euros/m2, fronte aos 1.773,72 euros/m2 de antes.
2 VPA entregadas hoxe
Ferraría 33-35 (1 piso):
-1ºB: 1 dormitorio e superficie útil de 46,85 m2.
Prezo: 65.342,63 euros (sen IVE)
Prezo anterior: 83.098,78 (sen IVE)
Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: máis de 17.700 euros.
Cuarteirón Ferrería-San Sebastián: Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (1 piso):
-Baixo A: 2 dormitorios e superficie útil 81,95 m2.
Prezo: 114.297,30 euros (sen IVE)
Prezo anterior: 145.356,35 euros (sen IVE)
Aforro para o adxudicatario tras a rebaixa: máis de 31.000 euros.
Na actualidade, o CCVV segue adiante co proceso aberto de adxudicación das restantes 8 VPA sorteadas polo IGVS e que se atopan nas promocións Ferraría 25-27-29-31 (3 vivendas), Canellón do Estreito, 12 (2 vivendas) e Ferraría 33-35 (3 vivendas). Tamén poden adxudicarse outras 4 VPA baleiras de forma directa e que se atopan en Ferrería 11-13-15-17/San Sebastián 1-3-5-7 (3 pisos) e Santiago, 19 (1 piso).
O requisito para poder acceder tanto aos pisos mediante adxudicación directa e como nos sorteos futuros do IGVS é estar inscrito no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia no apartado de Vivenda de Promoción Privada de Réxime Concertado, na casiña de compra.
Ata o de agora, o CCVV adquiriu 64 inmobles, dos cales 36 xa foron totalmente rehabilitados, o que se traduce na consecución de 21 locais comerciais e 81 vivendas -64 para venda, 12 para aluguer e 5 para realoxos-. Na actualidade hai 4 inmobles cuxas rehabilitacións están en execución, para dar lugar a 10 vivendas e 2 locais comerciais.