O CCVV aproba as súas contas de 2024

O Consello de Administración do Consorcio Casco Vello de Vigo, reunido esta mañá baixo a presidencia de Ana Ortiz Alvarez, aprobou a súa Conta Xeral correspondente ao exercicio 2024. A mesma, segundo a normativa contable da Comunidade Autónoma de Galicia é pública e está dispoñibles na sección de Transparencia da páxina web deste organismo.

A Conta Xeral aprobada recolle un resultado económico positivo en 2024 de 152.915,92 €, revertiendo a situación de perda do exercicio anterior. Entre os datos máis significativos da documentación achegada destaca o feito de que o 86% dos movementos económicos xestionados polo CCVV, en concreto unha cantidade de 2.021.820,84 €, teñen carácter de investimento. Así mesmo sobresae a destacada situacion de solvencia deste organismo, cuns fondos propios de 15.313.480,98 €, incluíndo unha importante cifra de tesourería, superior aos catro millóns de euros.

Entre os principais fitos da actuación do CCVV durante 2024 inclúense as catro rehabilitacións principais acometidas en Elduayen 31, Elduayen 39, Subida ao Castelo 9 e Ribeira do Berbés 7-9, cun investimento conxunto superior a 1.250.000 €; así mesmo sinálase o importante incremento da contratación durante o ano, cun total de 61 contratos, entre os que sobresaen os tres procedementos abertos para acometer as rehabilitacións de Elduayen 39, Ribeira do Berbés 39 e San Sebastián 20.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.