O Casco Vello Alto comezará o ano con novas rehabilitacións.

O xoves pasado publicamos nos nosos perfís nas redes sociais a noticia coa comezamos a mañán: rehabilitaranse novos edificios en San Sebastián e Ferraría.  Hoxe traémosvos máis información sobre este tema.

Estes dous novos proxectos de rehabilitación que se levarán a cabo na zona alta do Casco Vello faranse nos números 24 e 26 da rúa San Sebastián e nos números 3, 5 e 7 da rúa Ferraría. Son un total de 5 inmobles que van dar lugar a 8 novas vivendas e 4 locais comerciais que contarán con 1 e 3 dormitorios e unhas superficies útiles que oscilarán entre 53,84 m2 e 97,59 m2. No caso dos locais comerciais, as superficies útiles estarán entre 17,87 m2 e 61,96 m2.

En primeiro lugar, as obras en San Sebastián darán un total de 4 vivendas en un local comercial. As vivendas oscilarán entre os 53,84 m2 e os 72,75 m2 útiles. O local comercial será de 61,96 m2 útiles.

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Esta actuación, do estudo Rogelio Pérez y Cominges, arquitectos S.L., foi adxudicada cun orzamento de case 500.000 euros (454.940,39 euros) á UTE Prace Servicios e Obras S.L. e Antalsis S.L.. As obras contan cun prazo de execución de 12 meses.

Casco Vello Vigo

Casco Vello VigoCasco Vello VigoCasco Vello Vigo

En canto á rehabilitación en Ferraría, serán un total de 4 vivendas e 3 locais comerciais os que se xeneren. As vivendas oscilarán entre os 53,87 m2 e 97,59 m2 útiles; no caso dos locais, entre os 17,87 m2 e 57,85 m2 útiles.

Casco Vello Vigo

Neste caso, obra do arquitecto José Luis Díaz Mateo, adxudicouse cun orzamento superior aos 500.000 euros (514.329,13 euros) á UTE Xestión Ambiental de Contratas (XAC), S.L. e Orega, S.L.. Ao igual que en San Sebastián, conta cun prazo de execución de 12 meses.

Casco Vello Vigo

O edificio de vivendas está dividido en baixo máis dúas plantas e baixo máis tres plantas; as plantas baixas estarán destinadas a locais comerciais e portal de acceso ao edificio; o resto das plantas divídese en catro vivendas, unha delas en modo de dúplex.

Casco Vello Vigo

Estas dúas obras son novas actuacións que seguirán co proceso de rehabilitación do barrio histórico, esta vez na súa parte alta.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.