O Cuarteirón Ferrería-San Sebastián, axuda para recuperar a maxia do barrio histórico

Xa vos falamos nesta sección dos cambios acometidos en Abeleira Menéndez, Cruz Verde, Santiago e Cuarteirón Castelo-San Sebastián, e hoxe tócalle o turno a outro cuarteirón no que o Consorcio Casco Vello de Vigo levou a cabo diferentes rehabilitacións. Concretamente, o Cuarteirón Ferrería-San Sebastián.

As rúas Ferrería e San Sebastián foron, xunto con Hortas, as protagonistas do terceiro sorteo realizado polo IGVS. Era o ano 2012 e o Casco Vello de Vigo comezaba a recuperar a maxia que anos atrás perdera. Con moitas novas familias vivindo xa no barrio, estas promocións ofrecíanlle aos cidadáns novas oportunidades para instalarse no centro da cidade.

En San Sebastián logrouse un gran cambio de rehabilitación. Proba disto, as imaxes que vos mostramos no post sobre a rehabilitación do Cuarteirón Castelo-San Sebastián.

A transformación de Ferrería foi unha das que máis expectación conseguiu, xa que o cambio foi máis que notable nesta rúa.Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

Un total de 9 vivendas estaban dispostas a acoller a novos inquilinos para que seguisen coa dinamización do barrio. E algunhas delas o seguen estando. Para os que esteades interesados en adquirir unha vivenda no Casco Vello, recordámosvos que podedes acceder a unha das dúas vivendas dispoñibles mediante adxudicación directa. Están situadas neste Cuarteirón e son un baixo e un semisónato.

Pero ademais das vivendas, os locais comerciais foron moi importantes tamén neste cambio. Aínda que son moitos os locais que abriron ou abrirán en Ferrería, a esta promoción pertence o número 17, onde estableceu a súa actividade un obrador de pan.

O novo Casco Vello de Vigo
 

Facebook

Twitter