Novas actividades culturais da fundación “Évame Oroza” na súa sede do Casco Vello
Vigo, 17 de abril do 2024.- “Vérsame” e “Festival Creativa” son as denominacións das dúas novas actividades culturais que esta semana se realizarán na sede que a fundación cultural “Évame Oroza” ten no Casco Vello de Vigo, en concreto na rúa Subida a Costa 5, popularmente coñecida como a Praza do Abánico.
“Vérsame” é unha actividade propia de Évame Oroza que celebra máñana, xoves 18, a partir das 20:00 horas, unha edición especial pero coa mesma filosofía das anteriores: ofrecer un simbólico micrófono aberto a todos aqueles desarrolladores de manifestacións artísticas (poesía, canción, relatos e outras) que queiran dar a coñecer a súa obra ante o público. Para participar tan só é necesario anotarse previamente no mesmo local.
Concertos
Por outra banda, o “Festival Creativa” é unha actividade impulsada pola galería viguesa Maraca e a revista Dot Galicia que se desenvolverá entre os días 19 ao 21 de abril na propia galería organizadora, o Marco e a sede de Évame Oroza. Os actos para desenvolver neste punto cultural do Casco Vello levarán a cabo o sábado 20 e consistirán en dous concertos. O primeiro deles terá lugar a partir das 12:00 horas e correrá a cargo do beatmaker vigués Zoomavi, que demostrará as posibilidades do sampler e os teclados cos que se acompaña na súa actuación.
A intérprete, docente e investigadora na área do canto tradicional galego Carme López protagonizará, a partir das 17:45 horas o segundo dos concertos. Durante o mesmo presentará o seu novo disco “Quintela”, primeiro con carácter experimental e que emprega a gaita como instrumento base.