Évame Oroza retoma a súa actividade con dúas novas actuacións culturáis esta semana
Vigo, 2 de abril do 2024.– A fundación Évame Oroza (Subida á Costa 5) acollerá esta semana dous novos eventos culturais cos que retoma a súa actividade tras a paréntese vacacional da Semana Santa. A primeira destas accións terá lugar o vindeiro xoves, día 4, a partir das 20,00 horas e consistirá na presentación do poemario “Voto de silencio”, da poetisa Andrea F. Maneiro. A autora estará arroupada nesta ocasión polo músico Manuel Dopico e pola escritora e tamén música Clara Pino. “Voto de Silencio” obtivo o IV premio de poesía Eduardo Pondal e está publicado pola editorial Medulia.
Ao día seguinte, venres 5, a partir das sete e media da tarde, no local da asociación cultural no Casco Vello Alto de Vigo, inaugurarase unha nova exposición: Nesta ocasión trátase da obra – exposta como un diálogo fotográfico coa poesía de Carlos Oroza – que o fotógrafo Jorge Lens presenta baixo o título de “Esclavos de nuestra sombra”.