Évame Oroza enche a semana de actividade cultural no Casco Vello Alto
Vigo, 29 de septembro do 2023.- A actividade cultural no Casco Vello alcanza esta semana unha alta intensidade grazas aos tres actos que a asociación cultural Évame Oroza levará a cabo no seu local de Subida á Costa 5 (Praza do Abanico). O primeiro deles terá lugar hoxe mesmo coa realización dun coloquio sobre a obra “En voz baja”, de Antonio García Teijeiro. Alba Piñeiro e Arantxa Amatriaín acompañarán ao autor neste coloquio que terá lugar a partir das 20:00 horas.
O segundo dos actos preparados por Évame Oroza terá lugar mañá, xoves, á mesma hora e na mesma localización, e consistirá na presentación do cómic “Lucio Strada”, na que participarán os seus autores, Iago Losada e Alberto M. Soto.
Finalmente, o sábado 30 de setembro, ás 19:00 horas e baixo a denominación “Desafiando sombras”, levarase a cabo un recital poético plurilingüe con motivo do Día Internacional da Tradución. O acto está organizado pola poetisa Stella Maris González Balbuena, que será un dos nove participantes no recital no que se lerán poemas en xaponés, grego, inglés, alemán, francés, italiano, portugúes, castelán e galego.