Establecido a orde de adxudicación de tres novas vivendas promovidas polo CCVV
Vigo, 24 de novembro de 2020.– A orde para a adxudicación das tres vivendas incluídas na promocións do CCVV Real, 25 (1 VPA) e Cruz Verde, 12 (2 VPA) foi establecido esta mañá nun sorteo realizado no Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), e que puido ser seguido en directo a través a súa emisión en streaming na páxina web do Consorcio Casco Vello.
Ábrese agora un prazo no que os aspirantes poderán coñecer as vivendas ofertadas , solucionar os trámites para o financiamento da súa compra e formalizar a mesma, o que poñerá fin ao labor de recuperación levada a cabo polo CCVV nestas promocións, que se suman ao centenar de residencias creadas por este organismo rehabilitador, integrado nun 90 por cento pola Xunta de Galicia e nun dez por cento polo Concello de Vigo, desde a súa creación en 2005.