Establecida a orde de adxudicación de dous novas promocións do CCVV

Sebastián 20-Hortas 2-4 y Ribeira do Berbés 39-San Fancisco 2 permitirán o asentamento de catro novas familias na zona


Un sorteo realizado ante notario esta mañá estableceu a orde para executar a compra entre todos os candidatos que optaban ás promocións do Consorcio Casco Vello de Vigo San Sebastián 20-Hortas 2-4 e Ribeira do Berbés 39-San Fancisco 2. De acordo con esta clasificación os primeiros beneficiados do sorteo poderán optar á compra da algunha das catro vivendas. No caso de non confirmar o seu interese a posibilidade irá pasado sucesivamente ao resto dos candidatos segundo a orde establecida hoxe. A listaxe ordenada do resultado do sorteo poderá consultarse en breve na páxina web do responsable do sorteo, o Instituto Galego de Vivenda e Solo.

Características

A primeira das promocións sorteadas hoxe, San Sebastián 20-Hortas 2-4 permitiu, mediante a agrupación de varias construcións que se atopaban en moi mal estado, levar a cabo a construción de 2 vivendas tipo dúplex, con accesos independentes para cada unha delas. A superficie total da intervención alcanza os 304 metros cadrados, dos cales 116,76 son útiles para a vivenda A, cifra lixeiramente inferior, 111,34 metros cadrados, no caso da vivenda B. Ambas contan con patio interior, de 21 metros na vivenda A e case 9 na vivenda B. O prezo da primeira das residencias que agora se poñen ao dispor dos interesados é de 263.119,28 euros, en tanto que para a segunda é de 243.928,45 euros.

En canto á outra promoción hoxe adxudicada, Ribeira do Berbés 39-San Francisco 2, a intervención do Consorcio Casco Vello de Vigo permitirá o asentamento nesta popular zona de dúas novas familias, mercé á creación de dúas vivendas, tamén tipo dúplex, con acceso para unha delas desde a mesma praza do Berbés, en tanto que a segunda terá a súa entrada pola rúa San Francisco. Ambas contan con dous dormitorios. A primeira delas, cun prezo de 209.997,48 euros ten unha superficie útil de 89 metros cadrados, en tanto que a segunda alcanza os 106 e ten un prezo de 234.211,85 euros.



This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.