De Hortas a San Sebastián

2012. Ese foi o ano no que se remataron as rehabilitacións no Cuarteirón Castelo San Sebastián, concretamente na rúa Hortas e en San Sebastián. En total, nove novas vivendas dispostas a albergar a máis familias e seguir dinamizando o barrio histórico de Vigo.

O cambio en Hortas foi especialmente notorio. Unha zona que estaba prácticamente en ruinas transformouse de forma radical, para ficar como un lugar moi agradable no que residir, cunhas vistas marabillosas da cidade.

Nestas fotografías poderedes apreciar o cambio acometido:

Casco Vello Vigo

Casco Vello Vigo

En canto á rúa San Sebastián, tamén se apreciou un cambio total, e o labor de rehabilitación do Consorcio logrou convertila nunha rúa completamente nova. Podedes comprobalo a través destas imaxes:Casco Vello VigoCasco Vello Vigo

Con este cambio, foron moitas as familias que decidiron instalarse nesta parte do Casco Vello. As vivendas resultantes destas rehabilitacións puxéronse a disposición dos cidadáns no terceiro sorteo realizado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS). Pero o traballo non rematou aí. Na actualidade, o Consorcio Casco Vello de Vigo continúa coas obras de rehabilitación da promoción San Sebastián 4-6/Subida ao Castelo 5-7 e os pisos que sairán tras a súa rehabilitación serán sorteadas nun futuro próximo polo IGVS. En concreto, dez vivendas que serán sorteadas próximamente.

E os negocios tamén seguen apostando pola dinamización do barrio. O estudio creativo Ideas de Percebe xa abriu a súa sede no número 8 desta rúa.

Como vedes, os pequenos cambios de cada rúa van facendo que pouco a pouco Vigo logre o barrio histórico que tantos anos reclamou.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.