De galeóns, tesouros e lendas en Rande

A Batalla de Rande é un dos acontecementos navais máis importantes da historia de Vigo. Librada entre a flota anglo-holandesa e hispano-francesa durante a Guerra de Secesión Española, provocou miles de mortos e a pérdida da mellor armada do Rei Sol, Luis XIV.

Ilustración de Ludolf Bakhuizen sobre a batalla. Fonte LVG
Ilustración de Ludolf Bakhuizen sobre a batalla. Fonte LVG

Desde A Habana zarpou, rumbo a España (concretamente a Andalucía), a Flota de Indias: 19 galeóns españois escoltados por 22 navíos franceses, que transportaban o máis valioso cargamento que endexamais cruzara o océano Atlántico. Con esa escolta francesa pretendíase evitar os ataques piratas, así como facer máis segura unha viaxe baixo a constante ameaza dunha dura climatoloxía. Sen embargo, durante a travesía descubriron que unha forte e poderosa escuadra anglo-holandesa agardávaos no Cabo San Vicente. Foi nese momento cando o almirante Manuel de Velasco, que capitaneaba a flota, decidiu poñer rumbo á ría de Vigo para evitalos. Fixeron a súa entrada o 22 de setembro de 1702. Neste punto a lenda da batalla diverxe entre aqueles que din que os galeóns foron atacados coa carga no seu interior e os que aseguran que a carga se conseguiu desembarcar antes do ataque.

Ao arribar, comezaron a protexerse fronte a un posible ataque: restauráronse os fortes de Rande e Corbeiro con cañóns dos barcos e caváronse trincheiras. Ademais, no estreito formouse unha barreira con cadeas, mástiles e vergas.

Durante o tempo que tardaron en protexerse, a flota atacante descubriu o escondite e o 22 de outubro entrou pola boca sur da ría de Vigo a armada inimiga: 160 velas e 14.000 homes capitaneados polo almirante Rooke, sedento de vitoria e de tesouros, aínda que tan só logrou o primeiro.

Na madrugada do 22 ao 23, mariños ingleses intentaron cortar a cadea do estreito, pero foron repelidos. Foi o día 23 cando conseguiron cortala finalmente e entrou primeiro o galeón Torbay, seguido do Kent, o Mountmouth e o Grafton. Comezaba así un intenso combate a cañonazos, unha intensa loita que terminou sendo corpo a corpo e na que tamén se botou man de numerosos materiais incendiarios, un dos cales alcanzou o costado do Torbay, aínda que foi un acto illado que non foi condicionante no resultado final da batalla. De feito, a derrota foi tan visible que o comandante español deu orde de afundir os buques para evitar que caísen en mans inimigas. Isto, xunto coa incerteza de se os galeóns mantiñan ou non as riquezas, propiciaron as lendas sobre o “Tesouro de Rande”.

 

 

 

 

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.