Cruz Verde, 12 e Real, 25 serán sorteadas o vindeiro martes 24
Vigo, 16 de novembro do 2020.- O Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) fixo públicas hoxe senllas resolucións nas que relaciona as solicitudes definitivamente admitidas nos sorteos de tres vivendas de promoción autonómicas (VPA) impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo, fixando ademáis como data para a realización dos citados sorteos o vindeiro martes, 24 de novembro.
En total, unha vez revisadas as alegacións presentadas tras a aprobación das listas provisionais o pasado 23 de outubro, o número total de aspirantes admitidos ascende a 36 no caso da vivenda situada no segundo piso da rúa Real 25, e a 48 no das dúas vivendas rehabilitadas no edificio que ocupa a promoción Cruz Verde 12.
O sorteo realizarase na data sinalada a partir das 10,00 da mañá e, debido ás medidas sanitarias establecidas como consecuencia do Covid 19, nesta ocasión desenvolverase a porta pechada. O resultado dos sorteos nos que se establecerá a orde de preferencia para a adquisición destas tres vivendas entre todos os aspirantes admitidos poderase coñecer a través dos medios establecidos polo IGVS e, en calquera caso, será difundido a través desta mesma páxina web do Consorcio Casco Vello de Vigo.