Continúa aberto o proceso de adxudicación do Local 1 en Ferrería,5

A local conta cunha superficie útil de 30 m2.

Vigo, 3 de marzo do 2023.- O Consorcio Casco Vello de Vigo mantén aberto o proceso de adxudicación directa do equipamento comercial Ferrería, 5 Local 1, de acordo con o establecido no prego de condicións para o alugueiro dos seus locais iniciado en xuño do pasado ano. Os baixos da promoción Ferrería, 5 contan con tres locais comerciais que foron adxudicados na primeira fase do proceso. Con todo, no caso de Local 1 produciuse a renuncia do adxudicatario polo que, de acordo con as bases do citado proceso, o mesmo pode ser asignado de forma directa.

As características do local, así como o desenvolvemento detallado de todas as condicións e pasos a seguir para optar a este local poden ser consultadas no apartado “PERFIL DO CONTRATANTE“, opción “ALUGUEIRO DE LOCAIS COMERCIAIS”, da páxina web do Consorcio. O acceso a toda esta información así como o rexistro das solicitudes pode realizarse tamén directamente na sede do Consorcio na rúa Ferrería 45, Baixo.

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.