A CORUÑA Área Provincial do IGVS
Praza de Luis Seoane, s/n 15008 A Coruña Teléfono de información 981 184 801 |
LUGO Área Provincial do IGVS
Avda. Ramón Ferreiro 28 27002 Lugo Teléfono de información 982 294 602
|
OURENSE Área Provincial do IGVS
Rúa Sáenz Díez, 1 32003 Ourense Teléfono de información 988 386 271 |
PONTEVEDRA Área Provincial do IGVS
Rúa Alcalde Hevia 7 36071 Pontevedra Teléfono de Información 986 805 610
|
SERVICIOS CENTRAIS Área Central, s/n Polígono de Fontiñas
15781 Santiago de Compostela 981 541 982 |
Comeza o proceso de admisión de adxudicatarios para as promocións Subida á Costa 5 e Subida ao Castelo 12
O Instituto Galego de Vivenda e Solo publica hoxe (18-12-2017) senllas resolucións nas que se anuncian as aperturas dos procedementos de selección de adxudicatarios das Vivendas de Promoción Privada Autónomica impulsadas polo Consorcio Casco Vello de Vigo nas rúas Subida á Costa 5 (Exp. P09-VC-0001/16 , 1 vivenda) e Subida ao Castelo 12 (Exp. P09-VC-0002/15, 4 vivendas) Pulsando sobre as dúas ligazóns anteriores poderás acceder ao contido de ambas as resolucións.
Se estás interesado nalgunha das cinco vivendas que suman ambas as promocións e déchesche de alta no Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Xunta de Galicia con anterioridade a esta publicación, ten en conta que tes un prazo de “quince días hábiles contados desde o seguinte ao da derradeira publicación desta resolución de inicio” para solicitar a túa inclusión no procedemento de adxudicación.
Para iso deberas presentar a solicitude segundo o MODELO DE FORMULARIO que se inclúe como anexo nas propias resolucións (a publicación aclara que non se admitirán solicitudes que non se axusten a estes modelos). Esta solicitude pódese presentar nos puntos de rexistro admitidos pola lei. En Vigo podes facelo, por exemplo, no edificio administrativo da Xunta de Galicia na zona das Avenidas, pero en calquera caso achegamos as direccións e medios de contacto das delegacións e a sede central do IGVS onde tamén poderás entregala e consultar calquera dúbida que poida xurdir.