Ata o 30 de setembro poderase presentar as solicitudes para a compra de cinco vivendas en Elduayen 31

Foto: Álex Fernández Photography.

Vigo, 5-09-2024.- O Insituto Galego de Vivenda e Solo acaba de anunciar a apertura do prazo de presentación de solicitudes para os interesados en optar a algunha das cinco vivendas que forman parte da promoción do Consorcio Casco Vello de Vigo Elduayen, 31. Para iso, e para todos os candidatos que reúnan os requisitos necesarios para optar á adquisición de vivendas VPA na modalidade destas vivendas e que se atopen xa rexistradas no Rexistro Único de Vivendas de Galicia, ábrese un prazo de quince días hábiles – que finaliza o 30 de septembro- para presentar a solicitude no correspondente modelo oficial.

Subida ao Castelo, 9

Espérase así mesmo que nos próximos días anúnciese o inicio dun proceso similar para a adxudicación das dúas vivendas da promoción Subida ao Castelo, 9.

CONVOCATORIA

MODELO OFICIAL

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.