Cine, poesía e literatura estarán presente durante esta semana na actividade cultural do Casco Vello de Vigo

Dante Alighieri e Évame Oroza desenvolverán varias actividades nos próximos días

Cine, poesía e literatura volven ter unha xenerosa representación na actividade cultural do Casco Vello grazas ás iniciativas de dúas entidades culturais instaladas na zona: A Dante (Comité de Vigo da Sociedade Dante Alighieri) e a Fundación Évame Oroza.

A actividade comezará mañá mesmo, martes 19, coa proxección no Auditorio Municipal do Concello de Vigo da película italiana (en versión orixinal con subtítulos en castelán) ” A stranezza ” do director Robero Andó ( 2022). A cinta, que se ofrece de forma gratuíta grazas á colaboración do Instituto Italiano de Cultura, aborda a figura do autor Pirandello e o seu encontro fortuíto con dous actores afeccionados que serviu de inspiración para a súa obra máis famosa.

A actividade continurá o xoves, 21 de novembro, aniversario da morte do poeta Carlos Eroza, cuxa figura é o eixo central da actividade da asociación Évame Oroza. Con este motivo, na sede da asociación no Casco Vello de Vigo, as oito da tarde, terá lugar a audición da lectura de varios poemas na propia voz do poeta. Estes rexistros, algúns deles musicados, proceden de gravacións realizadas nos anos 70 do pasado século en Madrid. Por outra banda, esta mesma asociación realizará o vindeiro venres 22 a entrega de premios da decimoprimera edición do seu concurso literario “Relatos Vigo Histórico”. O acto terá lugar ás 20:00 horas na sala Rosalía de Castro da sede de Vigo da Deputación Provincial de Pontevedra (Eduardo Chao, 17).

This site is registered on wpml.org as a development site. Switch to a production site key to remove this banner.